Descrición: Coincidindo co cincuentenario do inicio da transición democrática, este obradoiro analiza cincuenta anos de política exterior española desde unha perspectiva histórica, politolóxica e internacional. A través de estudos de caso, documentos diplomáticos e debates, o alumnado coñecerá a evolución da acción exterior de España, o seu papel na Unión Europea, na OTAN, en Iberoamérica e no Mediterráneo, adquirindo ferramentas para comprender os principais retos xeopolíticos do século XX.
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas máis 2,5 horas de traballo individual.
Programa detallado
Director e docente: Serxio María Rodríguez Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Descrición: Queres sacar máis partido a túa cámara e conseguir fotografías que realmente transmitan? Neste obradoiro aprenderás trucos e técnicas para mellorar as túas imaxes, tanto desde o punto de vista técnico como creativo. Descubre novas posibilidades, desenvolve a túa mirada fotográfica e goza ainda máis facendo fotografías.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas, incluidas 3 horas de traballo persoal.
Director e docente: Santiago Barreiros Camba
Descrición: Obradoiro de creación coreográfica no que exploraremos o corpo, o movemento e o espazo como ferramentas de expresión. A través da improvisación e da composición, as persoas participantes desenvolverán a súa creatividade e construirán colectivamente unha peza que será presentada en diferentes festivais e encontros de danza universitaria. O proceso traballará a presenza escénica, a escoita, a cooperación e a toma de decisións nun espazo seguro, igualitario e inclusivo.
Dirixido a persoas con experiencia previa en danza.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Directora: Nuria Sotelo docentes: Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Descrición: Obradoiro práctico no que se explora o corpo como ferramenta de coñecemento, expresión e relación. A través do Body Weather, técnicas Release e Flying Low, achegarémonos ao adestramento física, á conciencia corporal e a nocións básicas de anatomía. A improvisación, a composición espacial e a creación coreográfica permitirannos descubrir novas posibilidades de movemento, potenciar a creatividade e construir unha experiencia colectiva desde a escoita, o respcto e a diversidade.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Directora: Nuria Sotelo Rodríguez docentes: Nuria Sotelo Rodríguez
Inscrición: As inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata as 23:59 h. do día 29 de setembro. No caso de quedar prazas libres permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
Descrición: Inicio ao mundo do teatro de xeito ameno e creativo, nunha escola teatral de referencia no resto de Universidades estatais.
Este obradoiro ten unha duración de 35 horas.
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Descrición: Este obradoiro está destinado a persoas que superaron o 1º nivel. Traballarás na creación do personaxe, coñecerás a dramaturxia e prepararás todos os elementos que rodean unha obra.
Este obradoiro ten unha duración de 40 horas.
Descrición: Irás adentrándote no universo que supón unha posta en escea, coñecendo os elementos técnicos e interpretativos sentindo a creación en grupo.
Este obradoiro ten unha duración de 60 horas.
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 25 horas (24 horas presencias máis unha hora de traballo persoal)
Obxectivos:
Non se requiren coñecementos previos avanzados, aínda que se recomenda familiaridade básica con sistemas informáticos.
Docente: Luis Fernández Couñago
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Non se requiren coñecementos previos. Dirixido a persoas interesadas en tecnoloxías da información, DevOps e infraestruturas modernas. Formación orientada á práctica con exemplos reais e guía paso a paso.
Docente: Luís Fernández Couñago
OBXETIVOS:
- Aprender as técnicas básicas da escalada, progresando con autonomía e seguridade. - Establecer un primeiro contacto coa actividade e entendela como unha forma de superación enriquecedora para a formación. - Coñecer o material e o medio no que se desenvolve a práctica, rocódromo, roca. - Desenvolver as calidades e capacidades físico-motrices que máis transferencia teñen.
TEMÁTICA:
- Escalada deportiva galega/Ámbito federativo e Medio ambiente. - Contidos básicos de seguridade. Equipo de protección e material mínimo necesario. -Tipos de ancorases fixos e cabuyería básica. - Progresión do escalador sobre a vertical: Escalada de "primeiro" e "segundo". - Mosquetoneo correcto da corda. Aseguramento e descolgue do compañeiro.
Duración: 30 horas presenciais
Docentes: Adrián Melón Raña, María Cabaleiro Alfaya, Hugo Fernández Ricón e Gabriel Pérez Torrón
Dirixido a persoas con algún coñecemento previo no eido da micoloxía.
Docentes: Adrián Melón Raña, Hugo Fernández Ricón e Mauro Rivas Ferreiro.
O obxectivo do obradoiro é dotar ao alumnado das competencias necesarias para iniciarse na micoloxía e na identificación de algúns dos principais grupos de fungos macromicetos da nosa contorna. O alumno adquirirá as seguintes aptitudes: Coñecer o procedemento para a recolleita e transporte dos cogomelos silvestres conforme a lexislación vixente. Aprender a determinar os fungos e coñecer as principais especies tóxicas, a súa perigosidade e os protocolos de actuación fronte a intoxicacións Coñecer as principais especies comestibles, as súas propiedades nutracéuticas e o seu aproveitamento en cociña. Coñecer outras posibles aplicacións dos cogomelos. Por exemplo, dende un punto de vista etnolóxico.
NOTA: É requisito de inscrición ter capacidade de desprazamento en veículo própio.
Obradoiro práctico de iniciación á cerámica onde se lraballará con distintas técnicas manuais realizando varias pezas, dende o amasado ata a súa decoración linal.
Obxeclivos: l. Ofrecer aos/ás participantes unha visión xeral dos procesos cerámicos. 2. Introducir aos/ás parlicipantess nas técnicas básicas de construción e decoración. a. Adquirir coñecementos prácticos para a realización de pezas cerámicas. 4. Reflexionar sobre a sostibilidadc dos utiliarios de cerámica fronte ao plástico.
As persoas participantes aprenderán o proceso completo de creación de pezas, desde o amasado da arxila ata a decoración final. Traballaranse técnicas manuais básicas de construción e acabado, adquirindo coüecementos prácticos sobre os procesos cerámicos.
Duración: 30 horas
Dotar ao alumnado dun abano de ferramentas o suficientemente amplo como para que, de entre toda a gama, sexa a persoa quen elixa e descubra cál é a adecuada para realizar o seu labor como actor/actriz. Todo mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… todas as cualidades que un actor/actriz precisa.
Docentes: Francisco Javier Paredes Costa e Sonia Rúa Rúa
- Iniciación en Tufting Gun. Uso de la pistola eléctrica, soportes y acabado.
- Recuperación de procedimientos tradicionales o en desuso para abrir un diálogo entre métodos manuales y mecánicos dentro de un contexto contemporáneo. - Noción del tejido automático, pros y contras del procedimiento técnico.
- Análisis y estudio de trabajos de artistas contemporáneos que han empleado el textil como forma de expresión plástica. - Crear una alfombra o un tapiz de 50 x 50 cm.
Descrición: O programa inclúe nocións da música patrimonial e tradicional, técnicas de gaita, tipos de dixitación, estudo do repertorio, afinación, ornamentación (percusión e combos instrumentais tradicionais).
Estes contidos están enfocados, tanto ao alumnado de iniciación como ao de perfeccionamento.
Director e docente: Gonzalo Abelairas
Descrición: O obradoiro ofrece unha visión socioeducativa da intervencón con persoas privadas de liberdade. Nel abordarase o funcionamento da institución penitenciria, o perfil e necesidades das persoas reclusas, así como os factores que inflúen na súa reinserción. Exploraranse técnicas de acompañamento, metodoloxías de intervención e o deseño de itinerarios personalizados de inserción. A formación inclúe unha visita ao C. Penal de Pereiro de Aguiar que ten como obxectcivo coñecer a realidade institucional.
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Docentes: Jesús Deibe Fernández Simo, Patricia Vázquez Quintela, Laura Suárez Acuña, Alba Moretón Rodríguez
Descrición: O obxectivo é achegar ao alumnado ao patrón e á costura a través de teas, prendas recicladas, etc.dándolle unha segunda vida, trasladando a sensación de satisfación que se produce ao crear algo ti mesmo/a coas túas mans. Aprendizaxe de técnicas básicas e patronaxe textil.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas
Directora: Estefanía Carrera García
Docentes: Estefanía Carrera García
Achegar ao alumnado ao patrón e á costura a través de teas, prendas recicladas, etc..., dándolle unha segunda vida ás súas pezas.
Ter a sensación de satisfacción pola creación de pezas coas propias mans.
Docente: Estefanía Carrera García
Docente: Belén Gómez de las Heras. Directora de deseño en Costa.
Descrición do curso:
Belén Gómez de las Heras é Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Ademas posúe un posgrao en deseño gráfico na University of the Arts London, onde se graduou con honras e aceptada como membro do “International Society of Typographic Designers”.
Ao longo da súa traxectoria traballou en estudos de referencia como Summa (Premio Nacional de Deseño 2008) e Estudio Oscar Mariné (Premio Nacional de Deseño 2010). Tras o seu paso por ambas as dúas axencias, incorporouse á consultora KPMG como responsable de deseño e brand guardianship, liderando a implantación e supervisión do rebranding da firma en España en coordinación cos equipos de marca de KPMG a nivel global.
Desde hai preto dunha década forma parte de Costa, onde exerce como directora de deseño. Desde esta posición lidera proxectos de identidade e estratexia de marca, coordinando o seu desenvolvemento desde a definición conceptual ata a construción de sistemas visuais sólidos, coherentes e aplicables. A súa experiencia combina criterio creativo, capacidade de organización e unha especial solvencia en proxectos complexos de arquitectura de marca e identidade corporativa.
Desenvolveu tamén a súa actividade docente colaborando, entre outras institucións, coa Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e outras organizacións.
NOTA: Este obradoiro vai dirixido exclusivamente a PDI, PTXAS e alumnado.
Temos a fortuna de posuír un folclore moi rico e cun inestimable valor; confeccionado a través dos tempos e con diferentes influencias que o enriqueceron e o seguen enriquecendo.
Ofrecer un coñecemento integral do folclore abranguendo as súas diferentes vertentes ou áreas de coñecemento: canto tradicional, cantos de taberna, baile, conxunto instrumental. En cada unha destas áreas tratarase a contextualización, cunha breve introdución histórica, as características, técnicas, estrutura e repertorio.
Docentes: Xela Conde Fernández
Este obradoiro de reparación de libros está enfocado principalmente á formación de persoal de bibliotecas. Cun formato eminentemente práctico e unha duración de entre 20 e 22 horas, está dirixido a grupos reducidos de ata 10 persoas. As sesións impartiranse no Taller de Técnicas Gráficas da Facultade de Belas Artes. Para facilitar a conciliación, as sesións ofreceranse en quendas independentes de mañá ou de tarde, de xeito que cada participante poida elixir o horario que mellar se adapte á súa xornada laboral sen necesidade de asistir a ambas as dúas franxas.
Este obradoiro de outono é o primeiro de dous obradoiros que se completa cun segundo obradoiro práctico no seguinte cuatrimestre.
Docente: Jacobo Ojea Reyes