O programa Ligas Universitarias inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo.
O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade.
1.- Procedemento de inscrición:
- A inscrición realizarase exclusivamente a través desta web.
- Para a inscrición nas Ligas Universitarias o delegado de equipo deberá facer o pago dunha taxa de 30€. Unha vez realizado o pago, o programa xerará un código co que se deberán de inscribir individualmente cada unha das persoas compoñentes do equipo.
- Os equipos deberán ter inscrito o número mínimo de xogadores/as establecido para cada modalidade deportiva antes da data de remate do período de inscrición ou quedarán excluídos da mesma.
- Poderase elixir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo, entendendo como mañá o tramo horario comprendido entre as 10 e as 14 h. e como tarde o tramo entre as 14 e 16 h. (hora de inicio dos partidos)
- Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo.
- Cada xogador/a poderá inscribirse como máximo en dous equipos de distintas modalidades deportivas. En todo caso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte non se responsabiliza das posibles incompatibilidades de horario daquelas persoas inscritas en mais dunha modalidade deportiva.
- Nesta competición os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos.
- Durante a Fase Final Intercampus, unha persoa soamente poderá participar nun único equipo da mesma modalidade deportiva.
2.- Lista de equipos inscritos e reclamacións:
A lista provisional de equipos inscritos publicarase ao día seguinte do remate do prazo de inscrición. Se algún equipo tivera feito a súa inscrición e non aparecera na lista publicada ao pé desta web, poderá facer unha reclamación por correo electrónico (depor-po@uvigo.es) nun prazo máximo de 48 h dende a publicación do citado listado.
3.- Xogadores/as sen equipo:
Aquelas persoas que non teñan equipo poden inscribirse na Bolsa de Xogadores/as sen Equipo para facilitar que os equipos xa inscritos se poñan en contacto con elas poidan fichalas para completar as súas plantillas.
4.- Sistemas de competición:
As competicións darán comezo, previa expresa autorización da Xunta, o 16 de novembro. Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito. Ao pé desta web publicarase a información relativa ao sistema de competición de cada campus unha vez que finalice o período de inscrición.
Ao remate das fases de campus, os equipos mellor clasificados en cada modalidade deportiva competirán entre eles na Fase Final Intercampus en sede a determinar.
5.- Normativa da competición:
A competición rexerase polo Regulamente de Competicións Universitarias de Deportes Colectivos da Universidade de Vigo (pendente de actualización)
O programa Ligas Universitarias inclúe diversas modalidades de deportes colectivos. O obxectivo deste programa é dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. O regulamento destas competicións inclúe un sistema de puntuación fair play que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade.
- Os partidos se celebrarán no horario comprendido entre as 10, hora de comezo, e as 16 hrs., hora de finalización, de luns a venres.
Aquelas persoas que non teñan equipo poden inscribirse na Bolsa de Xogadores/as sen Equipo para facilitar que os equipos xa inscritos se poñan en contacto con elas e poidan fichalas para completar as súas plantillas.
As competicións darán comezo, nun principio, o dia 24 de outubro. Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito. Ao pé desta web publicarase a información relativa ao sistema de competición de cada campus unha vez que finalice o período de inscrición.
A competición rexerase polo REGULAMENTO DE LIGA FAIR PLAY que inclúe un sistema de puntuación que promove o xogo limpo e castiga a falta de deportividade..
- A inscrición realizarase exclusivamente a través desta web. Non será posible inscribirse doutro xeito.
- Os equipos deberán ter inscrito o número mínimo de xogadores/as establecido para cada modalidade deportiva antes da data de remate do período de inscrición ou quedarán excluídos da mesma. Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo
. - Cada xogador/a poderá inscribirse como máximo en dous equipos de distintas modalidades deportivas. En todo caso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte non se responsabiliza das posibles incompatibilidades de horario daquelas persoas inscritas en mais dunha modalidade deportiva.
- Durante a fase de campus unha persoa soamente poderá participar en un único equipo da mesma modalidade deportiva.
- Os equipos poderán ser mixtos ou non, o que quedará a elección dos participantes.
A lista provisional de equipos inscritos publicarase na seguinte semana despois do remate do prazo de inscrición. Se algún equipo tivera feito a súa inscrición e non aparecera na lista publicada ao pé desta web, poderá facer unha reclamación por correo electrónico nun prazo máximo de 48 h dende a publicación do citado listado.
Cada campus e cada modalidade deportiva terá o seu propio sistema de competición adaptado ao número de equipos finalmente inscrito. Ao pé desta web publicarase a información relativa ao sistema de competición de cada campus unha vez que finalice o período de inscrición.
A competición rexerase polo Regulamente de Competicións Universitarias de Deportes Colectivos da Universidade de Vigo que podes descargar ao pé desta páxina.
- A inscrición do equipo tena que realizar a persoa delegada do mesmo, inscribindo ao equipo despois nesta web. Unha vez feita a inscrición do equipo, o programa proporcionaralle un código de equipo que será o que teña que utilizar despois cada xogador/a para facer a súa inscrición individual no mesmo.
- A taxa de inscrición por equipo é de 30€ e haberá que pagala pola web no momento da alta do equipo.
- Poderase elixir horario de mañá ou tarde en función da conveniencia de cada equipo, entendendo como mañá o tramo horario comprendido entre as 10 e as 14 h. e como tarde o tramo entre as 14 e 19 h. (hora de inicio dos partidos)
- Os equipos que xa participaron na temporada pasada deberán conservar o seu nome se queren inscribirse na división que por méritos lles corresponde.
- Nesta competición os equipos poderán ser masculinos/mixtos ou femininos.
A lista provisional de equipos inscritos publicarase ao día seguinte do remate do prazo de inscrición. Se algún equipo tivera feito a súa inscrición e non aparecera na lista publicada ao pé desta web, poderá facer unha reclamación por correo electrónico nun prazo máximo de 48 h dende a publicación do citado listado.
Ao remate das fases de campus, os equipos mellor clasificados en cada modalidade deportiva competirán entre eles na Fase Final Intercampus que este curso celebrarase no Campus de Vigo.
- Nesta competición os equipos poderán ser masculinos ou femininos.
- Os equipos deberán ter inscrito o número mínimo de xogadores/as establecido para cada modalidade deportiva antes da data de remate do período de inscrición ou quedarán excluídos da mesma. Os equipos estarán compostos exclusivamente por persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo.
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, pon en marcha a Liga de Tenis no Campus de Vigo coas seguintes normas xeráis:
- Pode inscribirse gratuitamente calqueira persoa da Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo.
- O lugar de xogo serán as pistas de herba artificial do Campus de Vigo ou na pista da Escola Universitaria de EEI en Torrecedeira.
- O número máximo de xogadores será de 32, sin ninguna distinción de nivel ou sexo.
- A competición realizarase nunha primeira fase de liguilla e, posteriormente, unha fase final cos gañadores de cada grupo.
- Os partidos xogaranse de luns a venres, de mañán ou de tarde, según se indique na inscrición.
- Os partidos xogaranse o mellos de 3 sets con supe tie break no caso de chegar o terceiro set.
- A primeira semana de outubro teremos o calendario na web e haberá un prazo máximo de 5 días da fecha de cada xornada para que os xogadores se poñan en contacto e acorden unha data e horario de xogo.
- As datas e horarios libres das pistas do Campus poderán verse e reservarse no Campus Activo/Instalacións/Pistas de tenis.
- As datas e horarios libres da pista de EEI en Torrecedeira poderán verse e reservarse chamando a Conserxería do centro.
- Todo o relativo competición podes consultalo no regulamento específico da competición que xuntamos.