A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no pavillón universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais
- Podes acceder a este servizo a través do abono mUVer ou das entradas multideporte.
- A bicicleta préstase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso está limitado ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas - Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas no circuíto de carreira a pé.
- Debe facerse un uso correcto da bicicleta, hai que devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu. De non ser así, aplicarase o establecido na normativa da Universidade.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria debe utilizar a mangueira sita na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
1. Descrición da actividade: circuítos multiaventura con tirolinas, escalas e pontes colgantes no Marikiná Park (parque forestal de Beade).
2. Persoas destinatarias: Calquera persoa con altura mínima de 110 cm. Os nenos e nenas menores de 9 anos deberán ir sempre acompañados por unha persoa adulta que deberá estar tamén inscrita na actividade.
3. Inscricións: as persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, aquelas que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico avisándolles de que efectúen o pagamento nun prazo máximo de 48 h. No caso de non facelo, perderán o dereito a reserva da dita praza.
4. Outra información: consulta a Normativa do Marikiná Park para ter claros os requisitos e o material aconsellable.
1. Entdade organizadora: Vigo Orienta
2. Persoas destinatarias:
Comunidade universitaria e familiares, comunidade alumni e outros colectivos vencellados á Uvigo. Non son necesarios coñecementos nin experiencia previa.
3. Percorrido
O percorrido desta categoria de iniciación será de aproximadamento 2 km.
4. Punto e hora de encontro
As persoas participantes deberán estar na porta do pavillón universitario do Campus As Lagoas, Marcosende para unha pequena charla informativa sobre as nocións básicas do deporte de orientación e manexo do mapa e o compás.
A Universidade de Vigo conta, no campus Lagoas-Marcosende, cun espazo natural perfecto para a práctica de deportes ao aire libre como poden ser as carreiras de orientación, as carreiras a pé ou o trail.
1. Normas de uso xerais
- Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico para poder utilizalos.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado, e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas, será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Plano de Orientación
A Universidade conta cun plano de orientacion homologado que abrangue todo o campus Lagoas-Marcosende e os parques forestais de Beade e Bembrive.
3. Características técnicas do plano
- Denominación: Parque do Coñecemento (plano de orientación)
- Ano de apertura: 2018
- Dimensións (m2): 1 210 000 (zona do Campus)
- Tipo de pavimento: terra
- Modalidades deportivas: orientación, carreira a pé
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: sen límite
- Cabida público xeral: sen límite
- Vestiarios: si
- Medidas COVID-19: si (estipuladas no DOG)
A pista de carreira a pé do campus As Lagoas-Marcosende ten unha distancia de 1040 m, o circuíto longo, e de 650 m, o curto, e discorren pola beira do estadio de atletismo e o campo de herba sintética.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Características da instalación
- Ano de apertura: 2015
- Dimensións (m): 1040 (circuíto longo), 650 (circuíto curto)
- Track: www.komoot.com/es-es/tour/2219278954
- Modalidades deportivas: carreira
- Cabida público xeral: 200
Rutas que transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico nos arredores do Campus Lagoas-Marcosende.
1. Características da ruta
- Distancia: 2,56 km
- Dificultade: fácil
- Track Komoot: https://www.komoot.com/pt-pt/tour/2219256576
2. Normas de uso xerais
Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico ou unha entrada puntual para poder utilizalos.
Ruta que transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico nos arredores do Campus Lagoas-Marcosende.
- Distancia: 3,96 km
- Dificuldade: fácil
- Modalidades: running ou bicicleta
- Track komoot: https://www.komoot.com/pt-pt/tour/1656477217?ref=wtd
- Distancia: 2,24 km
- Track komoot: https://www.komoot.com/pt-pt/tour/1626189279?ref=wtd
- Distancia: 2,55 km
- Track komoot: https://www.komoot.com/pt-pt/tour/1626115935?ref=wtd