1. Información xeral
O Celta Baloncesto Feminino é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do baloncesto entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividades federadas do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Celta Baloncesto Feminino deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes respecto das condicións xerais ofertadas polo club. Unha vez vinculadas ao club deberán acreditar a súa condición nesta aplicacion web para poder gozar das vantaxes no uso das instalacións deportivas establecidas no convenio de colaboración.
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web.
4. Máis información e contacto
Páxina web: celtabaloncesto.com
Facebook: @celtabaloncesto
Correo electrónico: info@celtabaloncestofemenino.com
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).
Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través desta web e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
1. Características da oferta
1.- APOIO A EVENTOS DE RUNNING DESENVOLVIDOS POLO ESTUDANTADO DA UVIGO NOS CAMPUS UNIVERSITARIOS
Cesión gratuíta de material específico tales como arcos de meta, valados e elementos de seguridade, así como soportes publicitarios.
2.- CREACIÓN DUNHA CATEGORÍA UNIVERSITARIA ESPECÍFICA NA CARREIRA DE EMPRESAS GALICIA
Clasificación específica para grupos integrados por corredores e corredoras pertencentes a Facultades e Escolas da Universidade de Vigo, de maneira que se poida establecer unha clasificación universitaria.
A carreira desenvolverase en outubro de 2024.
3.- DESCONTOS EN ARTIGOS DEPORTIVOS
Redución directa do 15 % en todos os artigos sobre o prezo de venda ao público nas tendas da marca INTERSPORT.
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso aos servizos indicados baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
Páxina web: www.intersport.es
Instagram: www.instagram.com/intersport.es
Tel.: Intersport Vigo: 986213667 - Intersport Pontevedra 986842765
Correo electrónico: lopezmora@shop.intersport.es
Enderezo: López Mora, 56 Vigo
1. Características da oferta para a comunidade universitaria:
ENTRADAS INDIVIDUAIS A CIRCUÍTOS DE AVENTURA
Circuito Deportivo: 21 €
GRUPOS ORGANIZADOS PARA CIRCUÍTOS DE AVENTURA E ESCOLAS DEPORTIVAS
Grupos a partir de 10 participantes: 18 €
ACTIVIDADES DE TEAMBUILDING
10% de desconto sobre a tarifa xeral para todas as persoas ou grupos da comunidade universitaria
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: www.marikinapark.com
Instagram: @marikinapark
Tel.: +34 644 687 635
Correo electrónico: info@marikinapark.com
Enderezo: Parque Forestal de Beade.Camiño Campaneiro s/n. 36312. Vigo (Pontevedra)
O Ourense Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que mantén unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria da cidade de Ourense. Nestas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Ourense Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada), deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Páxina web Ourenserugby.com
Facebook: @ourenserugby
Correo electrónico: ourenserugby@ourenserugby.com
A Real Federación Galega de Fútbol e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración para promocionar de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e pre-universitaria.
2. Programa conxunto de actividades
- Cursos de iniciación á arbitraxe.
- Arbitraxes da competición universitaria.
- Adestramentos e prácticas de arbitraxe.
- Aula permanente de promoción e formación na arbitraxe.
- Adestramentos ou encontros das seleccións territoriais ou galegas en idade escolar.
- Acceso das persoas con licenza federada de árbitro da RFGF ás instalacións deportivas universitarias (acreditando previamente a súa condición nesta web).
O obxeto deste convenio é establecer as condicións das que disporá a comunidade universitaria nos servizos ofrecidos pola entidade Sailway, S.L.
Descrición da oferta para a comunidade universitaria
A empresa oferta prezos especiais nas seguintes actividades:
- Patrón de embarcaciones de lecer: barcos a motor (475 euros ive incluído) barcos a vela y a motor (596 euros ive incluído)
- Patrón de navegación básica: barcos a motor (265 euros ive incluído) barcos a vela y a motor (415 euros ive incluído)
- Licencia de Navegación: 96 euros ive incluído
- Escola de vela: 10% de desconto en calquera dos cursos
A oferta estará vixente ata o 31/12/2026
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou familiar directo desta.
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
Páxina web: sailway.es
Facebook: @SailwayEs
Tel.: +34 986 442 351
Correo electrónico: info@sailway.es
Enderezo: Estación Marítima da Ría. Rúa Cánovas del Castillo s/n, Local 7, 36202 Vigo - Pontevedra
O Vigo Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo mais coa que existe unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria. Entre estas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Vigo Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais ofrecidas polo club.
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada) deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Páxina web: Vigo Rugby Club
Facebook: @Vigorugby
Correo electrónico: info@vigorugby.es