DURACIÓN: 30 horas (6 sesións de 4 horas presenciais + 6 horas de traballo non presencial)
DATAS DE MATRÍCULA: do 16 ao 23 de setembro de 2025.
Obxectivos principais:
Este curso pretende que o estudantado se desenvolva coas ferramentas ofimáticas Office de Microsoft para afrontar a elaboración de documentos profesionais como o propio Traballo de Fin de Grao, Traballo de Fin de Mestrado etc.
Desenvolvemento do curso:
Actividades presenciais (24 horas)
• Tema 1. Crear e editar documentos de Microsoft Word.
• Tema 2. Índices automáticos de contido, figuras, táboas, etc. Utilización de referencias cruzadas no documento.
• Tema 3. Sistemas de bibliografía integradas en Word e utilización de Refworks.
• Tema 4. Traballo colaborativo. Online vs. offline (uso do control de cambios).
• Tema 5. Deseñando presentacións eficaces con Microsoft PowerPoint.
• Tema 6. Engadindo contido a nosa presentación.
• Tema 7. Utilización de transicións e animacións.
• Tema 8. Recursos online gratuítos para poder utilizar nas presentacións en público.
Actividades non presenciais (6 horas)
• Titulo da actividade: repaso dos contidos tratados nas clases a través de la entrega de traballo individual en Moovi.
Docente: Guillermo Rey González - Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
DATAS DE MATRÍCULA: do 8 ao 16 de outubro de 2025.
O obxectivo primordial do curso é Iniciar ao alumnado no desenvolvemento de páxinas web con Wordpress, para que poida aplicalo tanto na súa actividade académica como profesional.
Tema 1: Introdución ao curso, mapa conceptual e configuración básica de Wordpress
Tema 2: Estrutura básica: editor, entradas, páxinas, comentarios, medios, etc. Concepto de tipos de entradas personalizadas
Tema 3: Desenrolo de contidos avanzados con tipos de entradas personalizadas e campos personalizados.
Tema 4: Plugins e personalización avanzada. API Rest, conectividade, CSS, funcións, etc. Woocommerce: venta en liña en Wordpress
Tema 5: Aparencia. Construtores visuais, maquetación, responsive
Tema 6: Resumo do curso, dubidas e consultas, repaso dos proxectos do estudantado
Elaboración dun proxecto propio en Wordpress, seguindo as indicacións e coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Docente: José Alcañiz Lorenzo- Esterea Comunicación Digital SL
DATAS DE MATRÍCULA: do 20 ao 29 de outubro de 2025
Este curso é unha introdución a práctica á impresión 3D, impresión, funcionamento dunha impresora 3D e deseño de pezas.
Tema 1: Introdución á impresión 3D
Tema 2: Funcionamento dunha impresora 3D
Tema 3: Deseño de pezas I
Tema 4: Deseño de pezas II
Tema 5: Realización dun proxecto persoal I
Tema 6: Realización dun proxecto persoal II (Presencial na aula)
Traballo Autónomo: realización dun proxecto
Docente: Pablo Falcón Oubiña - Escola de Enxeñaría Industrial
DATAS DE MATRÍCULA: do 27 de outubro ao 4 de novembro de 2025
Tras este curso o asistente sentirase familiarizado co uso da ferramenta ofimática Excel. Traballaranse conceptos relacionados con operacións e funcións básicas e avanzadas, gráficos, análises de datos, vinculación con outras ferramentas de Office, etc.
• Tema 1. Operacións básicas, formatos, funcións básicas de Excel
• Tema 2. Funcións avanzadas de Excel
• Tema 3. Auditoría de fórmulas, control de erros
• Tema 4. Gráficos
• Tema 5. Vistas e impresión
• Tema 6. Táboas de datos, introdución a las táboas e gráficos dinámicos
• Tema 7. Análises de sensibilidade.
• Tema 8. Introdución ao análises de datos en Excel
• Tema 9. Introdución ás. macros en Excel.
• Tema 10. Vinculación de Microsoft Excel con outras ferramentas de Microsoft Office
• Traballo autónomo:repaso dos contidos tratados nas clases a través da entrega de traballo individual en Moovi.
Docente: Guillermo Rey González- Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo