1.- Entidade que presta o servizo: Marexada.
2.- Lugar de celebración: Illa de San Simón.
3.- Punto de encontro: A actividade non inclúe o transporte. As persoas participantes presentaranse ás 11.15 h na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.
4.- Horarios: a actividade comeza ás 11.30 h e ten unha duración aproximada de 2 h.
5.- Información complementaria:
- Hai que levar chanclas, bañador e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, gafas e aletas) corre a cargo da organización.
- A actividade inclúe unha andaina pola propia Illa de San Simón e se as condicións o permiten snorquel nos arredores da illa.
- A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola enseada de San Simón, na que se realizarán diferentes paradas de interese como a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus. Visitaremos as dependencias da illa a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, no que realizaremos un percorrido histórico por este ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande. Finalmente faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto, onde coñeceremos a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.
- Obrigatorio saber nadar.
- A partir dos 14 anos. As persoas que teñan entre 14 e 17 anos ralizarán a actividade acompañadas do seu pai/nai ou titor/a legal.
- É preciso contar cunha condición física que permita meterse na auga, padexar, cargar coa embarcación e camiñar unha distancia aproximada duns 4 km.
1.- Entidade que presta o servizo: Arrepións.
2.- Lugar de celebración: río Miño (Arbo).
3.- Transporte: a inscrición na actividade incluirá o transporte ata o punto de encontro, sempre e cando se complete un microbús entre as persoas participantes de Pontevedra e Vigo. Este microbús sairá aproximadamente ás 9.00 dende Nakasa Interiorismo na Praza de Galicia de Pontevedra e ás 9.30 da rúa Areal, 52 de Vigo. A volta será sobre as 14.30 h. Para posibles saídas dende o Campus de Ourense, consultar coa Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus.
4.- ¿Como chegar ao punto de encontro?: https://g.page/Arrepions?share
- As persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipamento (casco e chaleco homologado, traxe e escarpíns de neopreno de 5 mm.) corre a cargo da empresa.
- É obrigatorio saber nadar.
- Unha vez efectuado o reparto do material o grupo subirá 9 km no autobús da empresa ata o embarque. Alí daránselles as explicacións necesarias sobre a colocación do material, remar e, sobre todo, de seguridade. Despois comezará o descenso do río que durará sobre 1.30 h. Unha vez terminado o percorrido, chegarase ás instalacións da empresa para tomar unha ducha quente e dar por finalizada a actividade.
- Idade mínima a partir dos 16 anos.
1. Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar
2. Transporte: por conta das persoas usuarias.
3. Punto de encontro: o grupo terá que estar nas instalacións indicadas á hora concertada, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha zona próxima.
4. Horarios: sábado a partir das 10.00 h. Indicarase previamente a cada participante a hora exacta da súa actividade. A actividade dura aproximadamente 20 minutos.
5. Información complementaria
- Para esa actividade, as persoas participantes deben levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo falicítao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 16 anos.
- Esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo, persoas con otite e persoas con luxacións de ombreiros ou xeonllos.
1.- Entidade que presta o servizo: Buceo Illas Cíes
2.- Punto de encontro: as persoas participantes presentaranse ás 09.00 h. no muelle 49-A de Bouzas para as saídas ao mar nas Illas Cíes. Nestes puntos de encontro realizarase o reparto do material e as explicacións teóricas sobre a actividade e os elementos básicos de seguridade.
3.- Información complementaria:
- Para esta actividade as persoas participantes deberán levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos.
- Esta actividade está desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con otite, sinusite ou perforación de tímpano, persoas con epilepsia, con episodios repetidos de perda de coñecemento, de neumotórax espontáneo ou quistes pulmonares. No caso de hipertensión e diabetes débese consultar co persoal técnico responsable da actividade.
1.- Entidade que presta o servizo: Prado Surf.
2.- Contidos:
1ª Hora: explicación do material a utilizar, normas de seguridade na auga e quecemento muscular e estiramentos.
2ª Hora: práctica de remada, toma de ondas tumbado, explicación da técnica do "Stand Up" e práctica do "Stand Up".
3.- Punto de encontro: sede de Prado Surf Escola na Praia de Patos- Nigrán (é un local de madeira que está ao pé da praia con un rótulo no que figura: ESCOLA GALEGA DE SURF). Consulta aquí a súa localización exacta en Google Maps
4.- Transporte: non está incluido coa inscrición na actividade. As persoas que queiran ir en transporte público deben coller o autobús da empresa Lugove. Consulta os horarios aquí.
5.- Equipamento: o único que se necesita levar é un bañador / bikini, chanclas e toalla. O resto do equipamento pono a empresa.
6.- Horario: a actividade comeza ás 16.30 e dura 2 horas aproximadamente.
7.- Idades: a partir dos 8 anos e sen idade máxima. As persoas entre 8 e 15 anos deberán contar coa autorización do seu pai/ nai ou titor/a legal.
8.- Requisito: saber nadar.
1. Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar.
3. Punto de encontro: grupo terá que estar nas instalacións indicadas á hora concertada, alí se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha zona próxima.
4. Horarios: a actividade comezará a partir das 10.00 h e se lle indicará previamente a cada participante a hora exacta da súa quenda. A duración é aproximadamente duns 20 minutos por persoa.
5. Información complementaria:
- Para esa actividade, as persoas participantes deben levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao Tierra y Mar.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos. As persoas entre 12 e 17 anos deberán contar con autorización.
- Esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo e luxacións de ombreiros ou xeonllos ou otite.
1.- Entidade que presta o servizo: Tierra y Mar
2.- Lugar de celebración: Liceo Maritimo de Bouzas (Vigo).
3.- Transporte: por conta das persoas usuarias.
4.- Punto de encontro: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións da Liceo Maritimo de Bouzas, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas. A continuación comezará a práctica nunha praia próxima.
- Para esa actividade as persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos. As persoas entre 12 e 17 anos deberán achegar autorización escrita.