O abono básico da acceso ao uso das pistas de atletismo das instalacións deportivas xestionadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte nos campus de Ourense e Vigo. Este tipo de abono é de carácter gratuíto para toda a comunidade universitaria da UVigo.
O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Vantaxes do abono
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.
- Seguimento técnico dos programas de adestramento.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.
1. Condicións para ser considerado deportista nivel intermedio
Terá esta consideración o estudantado da Universidade de Vigo incluído nalgún dos seguintes supostos:
2. Duración da consideración de deportista de nivel intermedio:
Esta consideración terá validez durante o curso académico no que se teña solicitado ata o curso académico inmediatamente posterior. A condición de deportista universitario de nivel intermedio perderase cando estas persoas deixen de cumprir os requisitos establecidos no punto 1, cando incumpran os deberes establecidos no Estatuto do Estudantado Deportista ou á finalización do curso académico correspondente.
3. Dereitos
As persoas deportistas universitarias de nivel intermedio gozarán das seguintes vantaxes:
4. Deberes:
1. Características da oferta
Inclúe todas as actividades e instalacións do centro:
- De luns a venres de 7.00 h a 23.00 h
- Sábados de 9.00 h a 20.00 h
- Domingos e festivos de 9.00 h a 14.00 h
As actividades dirixidas incluídas na oferta son Pilates, GBody, GBox, GMind, GEnergy, GFuncional , Zumba, Gbike, GAP, core e estiramentos. Tamén inclúe sauna e armario gratis nos vestiarios, ademais de dúas horas de aparcamento gratis no C.C Praza Elíptica. Ao ser socio/-a de Altafit Vigo pódese acceder gratuitamente a todos os centros Altafit de España sen custe adicional.
2. Prezos
- Cota mensual: 24,90 € (+ 6,90 € da tarxeta identificativa de persoa socia)
3. Procedemento de inscrición
- Acreditar no centro deportivo a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
4. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
5. Máis información e contacto
Páxina web: Altafit Gym Club
Correo electrónico: vigo@altafit.es
Enderezo: Praza Francisco Fernández del Riego s/n. C.C. Plaza Elíptica.
Un 20 % de desconto sobre as tarifas xerais do centro para a comunidade universitaria e familiares directos. A oferta de actividades inclúe pilates, ximnasia de mantemento, reeducación postural, costas saudables e estiramentos.
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar no centro deportivo a condición de comunidade universitaria ou familiar.
3. Outras consideracións
4. Máis información e contacto
Páxina web: juanmanuelbarbera.blogspot.com.es
Facebook: @centrodepilatesjuanbarberaenvigo
Tel.: +34 986 197 423 / 620 948 851
Correo electrónico: infinitamentejuan@gmail.com
Enderezo: rúa Pega, 4, CP. 36205 Vigo (Pontevedra).
1.- Caracterísiticas da oferta:
A oferta inclúe descontos e prezos reducidos tanto nas cotas de socio como no aluguer das instalacións deportivas (de luns a venres entre xaneiro a maio e e outubro a decembro).
Consulta os detalles da oferta no arquivo que se achega ao pé desta web.
2.- Procedemento de inscrición:
Directamente no propio centro deportivo colaborador. Deberase acreditar a condición de pertenza á comunidade unvieristaria.
3.- Outras consideracións:
4.- Máis información e contacto:
Web: circulomercantilvigo.com
FB: @CirculoMercantilVigo Tlf: +34 986 27 99 12
Email: informacion@circulomercantilvigo.com
Enderezo: carreteira das Prantas. CP. 36313 Vigo (Pontevedra)
1. Información xeral
O Club Balnmán Miño é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que existe unha relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do balonmán entre a comunidade universitaria da cidade de Ourense. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de balonmán do campus, o desenvolvemento de escolas de iniciación e perfeccionamento ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Club Balonman Miño deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web.
Facebook: @cbmminho
Correo electrónico: info@bmminho.com
1. Catálogo de actividades
Cursos e clases de golf en grupos de 4-6 persoas. Horario de luns a xoves entre ás 14.00 h e ás 16.00 h.
2. Oferta para a comunidade universitaria
Clase de 55 min 1 día á semana: 30 € persona / mes
Curso de 16 horas durante o período novembro a maio: 120 €.
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora:
- Material por conta do clube.
- Bolas de prácticas en préstamo pagado polo xogador/a (aproximadamente 1 balde por persoa e clase).
- É preciso reservar a clase antes das 12.00 do día en que se pretende asistir.
É recomendable confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: riadevigogolf.com
Instagram: @riadevigogolf_oficial
Tel.: 986 327 051
Whatsapp: 670 97 26 58
Enderezo: San Lorenzo Domaio. CP. 36957. Moaña (Pontevedra)
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).
Acceso ás instalacións para o uso libre das zonas de acondicionamento físico, actividades dirixidas, piscina para nado libre e zona spa. Establécese un máximo de 100 persoas por período que se poden acoller a esta oferta. Sen matrícula nin compromiso de permanencia.
2. Prezos:
40 €/mes
- Realizar a preinscrición nesta web para acreditar a condición de comunidade universitaria (ou achegar ao centro a documentación acreditativa).
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora (reserva previa nas clases dirixidas, etc). Soamente será gratuíta a primeira matrícula. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
Páxina web: C.D Coliseum Vigo
Tel.: +34 986 225 201
Correo electrónico: info@coliseumvigo.com
Enderezo: Rúa Areal, 40 – 36201 Vigo (Pontevedra).
1. Condicións para ser considerado deportista de elite
Terán a condición de deportista de alto nivel aquelas persoas que estean matriculadas en estudos oficiais de grao ou posgrao na Universidade de Vigo e que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
2. Duración da consideración de deportista de elite:
Esta consideración terá validez durante o curso académico no que se teña solicitado. A condición de deportista universitario de alto nivel perderase cando estas persoas deixen de cumprir os requisitos establecidos no punto 1, cando incumpran os deberes establecidos no Estatuto do Estudantado Deportista ou á finalización do curso académico correspondente
As persoas deportistas universitarias de elite gozarán das seguintes vantaxes:
- Acceso 1: de 10.00 a 14.00 de luns a venres. A escoller unha actividade entre: Jiu Jitsu, Tai chi, Chi kung e adestramento libre.
- Acceso 2: de 17.00 a 22.00 de luns a venres. A escoller unha actividade entre: Jiu Jitsu, Halterofilia, Adestramentos funcionais, Boxeo, Kick Boxing, Wing tsun, Kenpo Kai, Wu shu e adestramento libre.
- Acceso 3: de 10.00 a 22.00 de luns a venres. A escoller dúas actividades entre: Jiu Jitsu, Tai chi, Chi kung, Jiu Jitsu, Halterofilia, Adestramentos funcionais, Boxeo, Kick Boxing, Wing tsun, Kenpo Kai, Wu shu e adestramento libre.
1º Facer a pre-inscrición nesta web para acreditar a condición de comunidade universitaria.
2º Realizar o pagamento da taxa correspondente no propio centro deportivo colaborador.
Web: EDAM Center
Tlf: +34 986 17 91 98
Email: contacto@edamcenter.com
Enderezo: rúa López Mora, 60, baixo. CP 36211 Vigo (Pontevedra)
O Club Escola Xadrez Pontevedra é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que se mantén unha intensa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do xadrez entre a comunidade universitaria e a poboación da contorna dos campus de Pontevedra e Vigo. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de escolas de iniciación e perfeccionamento (presenciais e en liña) ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada
Na actualidade, o club conta con equipos en case todas as categorías autonómicas, incluida a División de Honra. Para participar nas actividades federadas organizadas polo club Escola Xadrez Pontevedra deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
3. Uso das instalacións deportivas e recoñecemento de horas ECTS das persoas federadas
As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas no convenio de colaboración asinado entre as partes (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada) deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
4.- Máis información e contacto
Páxina web: Escola Xadrez Pontevedra
Facebook: @xadrezpontevedra
Correo electrónico: escola@xadrezpontevedra.com
Tel.: 650645318
Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través desta web e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
A Federación Galega de Bádminton e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración para promover de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e poboación da contorna.
O programa de actividades durante o curso 2021-2022 inclúe as seguintes actuacións:
1. Escolas deportivas de iniciación ao bádminton
2. Organización e dirección técnica do equipo da Universidade de Vigo nas competicións interuniversitarias
3. Cursos de monitores/as e de arbitraxe.
4. Competicións e eventos federados
Fix Salud y Deporte ofrece servizos de adestramento persoal a distancia, consultas de fisioterapia, de nutrición e de psicoloxía deportiva.
- Fisioterapia: 25 € / sesión - Nutrición e dietética: 30 € / sesión - Adestramento personal a distancia e asesoramento deportivo: 50 € / mes
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: www.grupofix.es
Instagram: @marexadasl
Tel.: 661 437 104 / 986 042 897
Correo electrónico: info@grupofix.es
Enderezo: Rúa de García Barbón, 63, 36201 Vigo, Pontevedra
Acceso libre e ilimitado á área de fitness:
- De 7.30 h a 23.00 h de luns a venres
- De 9.30 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h os sábados
- De 10.00 h a 14.00 h os domingos.
Inclúe todas as actividades colectivas gratuítas para as persoas usuarias da instalación (tonificación, sh’bam, step, body step, spinning, body balance, GAP, training bike, TRX, body combat, body pump, RPM, abdominais, zumba, stretching, total condition…) agás aquelas de pago suplementario. Uso libre da sauna, baño turco e servizo de armarios na zona de vestiarios.
2. Prezos e períodos
- Mensual: 25 €
- Primeiro cuadrimestre (01/09/2021 - 15/01/2022): 80 €
- Segundo cuadrimestre (16/01/2022 - 31/05/2022): 80 €
- Curso completo (01/09/2021 - 31/05/2022): 150 €
- Verán (01/06/2022 - 31/08/2022): 60 €
- Anual (01/09/2021 - 31/08/2022): 205 €
Páxina web: Florida Gym
Tel.: +34 986 206 961
Correo electrónico: info@floridagym.es
Enderezo: Avda. Florida 32 baixo. Vigo (Pontevedra)
Acceso a dúas clases semanais de taekwondo dunha hora de duración, a elixir entre luns, mércores e venres de 21.20 h a 22.20 h.
- 1º cuadrimestre (01/09/2021 - 15/01/2022): 65 €.
- 2º cuadrimestre (16/01/2022 - 31/05/2022): 65 €.
- Verán (01/06/2022 - 31/08/2022): 30 €.
- Anual (01/09/2021 - 31/08/2022): 145 €.
Facebook: A.D. Escuela Tao
Tel.: +34 986 204 879
Correo electrónico: losmeilanes@yahoo.es
Enderezo: rúa Coruña 13, baixo. Vigo (Pontevedra).
Clases de judo de luns a venres. As persoas da comunidade universitaria terán un 10 % de desconto nas tarifas vixentes do centro.
Facebook: AD Famu
Tel.: +34 986 439 359
Correo electrónico: info@adfamu.com
Enderezo: rúa Romil, n º 18 baixo dereita. C. P.: 36202. Vigo (Pontevedra).
Inclúe o acceso a todas as actividades e instalacións do centro sen restriccións de horario.
- Cuota mensual: 19,90 € (a primeira matrícula será gratuíta durante todo o mesmo curso escolar).
Páxina web: Gimnasio Imperium
Correo electrónico: imperiumvg.info@gmail.com
Tel.: 986 127 036
Enderezo: rúa Salamanca 12 Bajo. C.P. 36211. Vigo.
15 % de desconto para a comunidade universitaria na actividade de pilates respecto da tarifa xeral do centro.
Páxina web: inexpilates.com
Facebook: @inexpilates
Instagram: @inexpilatesvigo
Tel.: +34 604 027 543
Enderezo: rúa Illas Baleares, nº 36. CP: 36203. Vigo (Pontevedra)
As persoas da comunidade universitaria terán un desconto nas tarifas vixentes dos abonos familar, individual adulto e xove dos centros de Coia-Florida e Barreiro.
2. Actividades e servizos incluídos
Baño libre, spa urbano, sala fitness con adestramento básico personalizado incluído, máis de 50 actividades dirixidas semanais en seco e auga e descontos na reserva de pistas e cursos de pádel.
3. Prezos
- Abono xove: 28,40 €/mes
- Abono adulto individual: 38,70 €/mes
- Abono familiar: 38,65 €/mes + 6,35 € a maiores para o/a cónxuxe (ou parella en análoga correspondencia) e cada fillo/a menor de 14 anos.
No momento da contratación, as persoas usuarias deben aboar unha matrícula «Boomerang» polo mesmo valor da cota contratada. No caso de manter o abono 11 meses consecutivos, o mes 12 sería a custe cero.
4. Procedemento de inscrición
5. Outras consideracións
6. Máis información e contacto
Páxina web: Máis Que Auga
Centro de Barreiro
Tel.: +34 986 407 245 (Barreiro)
Correo electrónico: barreiro@maisqueauga.com
Enderezo: Urania Mella Serrano, s/n 36205 Vigo.
Centro de Coia-Florida
Tel.: +34 986 247 629
Correo electrónico: coia-florida@maisqueauga.com
Enderezo: Praza da Tellada s/n 36209 Vigo.
10 % de desconto sobre a tarifa estándar nos cursos de monitor/a de tempo libre, director/a de tempo libre e curso monográfico de tempo libre.
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou familiar directo desta.
Páxina web: www.marexada.es
Tel.: 670 892 307
Correo electrónico: info@marexada.es
Enderezo: Estación Marítima da Ría. Rúa Cánovas del Castillo s/n, Local 7, 36202 Vigo - Pontevedra