Duración do Obradoiro:
30 horas repartidas entre 27 horas presenciais e 3 horas de traballo individual.
Obxectivos principais:
Metodoloxía:
• Interpretación en directo de temas clave das 9 figuras seleccionadas e doutras que estean conectadas nas súas traxectorias.
• Exposicións teóricas, visionado de material audiovisual e debate na aula.
• Análise e comentario de cancións e relatos biográficos.
Proporcionarase acceso a uha carpeta en Drive cos contidos nos que o alumnado poderá traballar nas 3 horas non presenciais que contempla o obradoiro.
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
Realizaranse diferentes actividades que fomenten a creación e a reflexión crítica que servirán para a avaliación final das persoas matriculadas. Na última sesión valorarase a participación na composición creativa coas claves analizadas ao longo do curso.
A asistencia ao 85% das aulas implicará superar o curso. Non se contemplan probas escritas de avaliación.
Docentes: Susana Rodríguez Barcía e Oscar García Avendaño.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Duración do Obradoiro: 30 horas.
O obradoiro centrarase no cultivo práctico de varias especies de cogomelos de interese gastronómica. Para isto, aportaranse ao alumno os coñecementos teóricos necesarios, así como todo o material preciso para desempeñar o cultivo coa guía do persoal docente do obradoiro.
Constará de 30 horas, das cales 9 horas serán dedicadas á realización práctica das diferentes fases de cultivo de cogomelos e 21 horas de docencia teórica.
Docentes: María Cabaleiro Alfaya, Hugo Fernández Ricón e Adrián Melón Raña.
30 horas repartidas entre saídas de campo (15 horas) e parte teórica (15 horas).
Avaliación:
Docentes: Adrián Melón Raña, Gabriel Pérez Torrón e Hugo Fernández Ricón.
20 horas repartidas entre: 18 horas presenciais e 2 horas de traballo individual.
O Obradoiro está orientado a proxectos: deseño de pezas de fabricación aditiva e programación de microcontroladores, polo tanto alternaránse explicacións teóricas e partes prácticas nas que se montarán estes proxectos. En función do feedback recibido no desenvolvemento das sesións, e de selo caso, adaptaranse os métodos indicados.
Docentes: Yago González Puente, Fernando Flores García
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
O obradoiro divídise en 3 módulos principais: teoría, proceso de deseño e proceso de fabricación, e está orientado á práctica, polo que alternaránse explicacións teóricas e partes prácticas nas que se montarán estes proxectos. En función do feedback recibido no desenvolvemento das sesións, e de selo caso, adaptaranse os métodos indicados.
Docentes: Fernando Flores García, Diego Lugo Souto
Docente: Estefanía Carrera García.
Requisitos: Precísase traer instrumento (gaita, pandeireta ou tambor)
Continurase co traballo desenvolto o primeiro cuadrimestre , cos obxectivos Xerais como o coñecemento de zonas de baile e música diferentes para recoñecelos así como a historia da música tradicional.
Docente: Alvaro Rodríguez Carballo.
O Obradoiro pretende axudar ás diferentes persoas a organizar a súa finca para conseguir un maior entendemento do funcionamento dunha horta, así como as relacións que nela se dan para poder acadar mellores resultados.
Dende unha visión global achegarémonos ao mundo da agricultura orgánica explorando diferentes metodoloxías e aportando diferentes ferramentas que axuden a entender mellor o funcionamento das nosas terras de cultivo.
Este Obradoiro é o segundo de dous obradoiros que se complementan entre sí, e completa, dun xeito máis práctico os contídos do primeiro Obradoiro.
No Obradoiro práctico de agricultura orgánica, ademáis das actividades que se proponen no programa, vanse levar a cabo os traballos propios da época do ano na horta, colaborando co grupo de persoas que están a participar do proxecto de horta colectiva no CUVI.
Docente: Jacobo Ojea Reyes.
Duración do Obradoiro: 60 horas.
Requisitos de inscrición:
Ter realizado o obradoiro do 1º cuadrimestre do curso 2024/2025 "2024/708 Iniciación ao teatro" ou persoas con experiencia teatral (proba previa coa docente do obradoiro)
Posta en escena do espectáculo DIVINAS PALABRAS, de Ramón María de Valle-Inclán baixo a dirección de Casilda Alfaro.
Percorrer desde o punto de vista actoral dun xeito eminentemente práctico, todas as fases dun proceso de creación teatral, desde as primeiras lecturas do texto ata a representación díante do público, pasando pola creación do personaxe, o diálogo co vestiario, os obxetos e os elementos de escenografía.
Docente: Casilda García Alfaro.