O prazo de inscrición para o campus de Ourense será do 21 de maio ás 9:00h ao 05 de xuño ás 14:00h.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1º Nos datos persoais da persoa usuaria, haberá que comprobar se están dados de alta os fillos ou fillas como “usuarios/as tutelados/as” e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”.
2º Se non están dados de alta, haberá que solicitalo pinchando en “Usuarios/as tutelados/as”/ “+Novo”, onde haberá que cubrir os datos e subir o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas. Unha vez sexa validada a solicitude, recibirá un e-mail.
Este primeiro paso pódese levar a cabo antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp.
3º Unha vez aberto o prazo de inscrición para o campus correspondente, haberá que entrar en campus camp e unha vez autenticada a persoa usuaria, seleccionar como usuario ao fillo/a para a continuación elixir o periodo no que se inscribirá.
4ª Haberá que cubrir un cuestionario, no que se achegará a tarxeta sanitaria do fillo/filla en pdf.
5º Unha vez confirmada a inscrición, se se quere inscribir un 2º ou sucesivos fillos/as, habería que premer no botón “Continuar mercando” e a continuación no botón “Inscribirse”.
6º Unha vez inscritos tódolos fillos/as, premer no boto “tramitar pedido”.
Descontos en función do número de fillos/as:
Os descontos aplicaranse sempre os/as nenos/as sexan matriculados no mesmo periodo, agás no caso de días soltos, nos que non haberá dereito a desconto:
- 10% no 2º fillo/a.
- 15% no 3º fillo/a
- 20% no 4º fillo/a
- 25% no 5º fillo/a
O desconto farase efectivo unha vez se pulse o botón “tramitar pedido” e se elixa o método de pagamento. Será neste momento cando aparecerá o desglose da contía a pagar cos descontos correspondentes.
O prazo de reserva de praza para o campus de Pontevedra será do 13 de maio ás 09:00h ao 16 de maio ás 14:00h.
Notas de interese:
Mínimo de solicitudes de reserva de prazas: 10 menores:
a.-Non se acada este mínimo: non se abrirá prazo para a formalización da inscrición neste campus.
b.-Acádase o mínimo: as persoas solicitantes recibirán un aviso por correo electrónico especificando un prazo para formalizar a súa inscrición e efectuar o pago correspondente.
Rematado este prazo e de non se formalizarse todas as solicitudes (mínimo 10 menores) con reserva previa, as persoas inscritas que o desexen poderán optar por indicar o seu interese en que as/os fillas/os participen no campus de Vigo ou ben solicitar a devolución dos prezos aboados a través do procedemento establecido ao efecto.
Guía informativa:
1º A persoa solicitante, na pantalla inicial de "datos de usuario/a" ten que comprobar se os fillos ou fillas para os que desexa reservar praza no campus Camp, están dados de alta como “usuarios/as tutelados/as” e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”.
2º Se non figuran como "usuarios/as tutelado" o solicitará despregando o apartado de “Usuarios/as tutelados/as”/ e premendo no botón de “+Novo”, cumprimentará os datos e subir o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas. Unha vez sexa validada a solicitude, recibirá un e-mail.
Este proceso de alta de "Usuario/a tutelado" é recomendable realizalo antes de que se inicie o prazo de reserva/inscrición do campus camp.
3º No caso de acadar o mínimo de 10 menores no período de reserva, e autenticada a persoa usuaria, a inscrición formalizarase seguindo os seguintes pasos:
3.1.- seleccionar como usuario ao fillo/a para a continuación elixir o periodo no que se inscribirá.
3.2.- no apartado de "Cuestionarios obrigatorios pendentes de cubrir", terá que acceder ao cuestionario "CAMPUS CAMP - Información extra" premendo no botón "+", deberá adxuntar a tarxeta sanitaria do fillo/filla en pdf. e cumprimentar todos os campos obrigatorios.
3.3.- confirmará a inscrición e no caso de ter que inscribir a máis fillas/os, terá que premer premer no botón “Continuar mercando” e realizar os mesmos pasos que para a inscrición do primeiro/a fillo/a. Por último premerá no botón "Inscribir".
3.4.- por último premerá no botón "Tramitar pedido". Neste momento será cando se apliquen os descontos aos que se teña dereito segundo o indicado no apartado seguinte. Seguirá as indicacións relativas ao pagamento que aparecerán na pantalla.
4º Descontos en función do número de fillos/as:
O prazo de inscrición para o campus de Vigo será do 21 de maio ás 9:00h ao 05 de xuño ás 14:00h.