O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Consulta os períodos e horarios xerais de apertura
Vantaxes:
- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
- Valoración antropométrica.
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.
Con este abono poderás acceder do 14 ao 28 de setembro de xeito gratuito ás instalacións deportivas universitarias e ás actividades dirixidas.
1. Descrición
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
2. Lugar de realización da proba
Na sala cardio-fitness do pavillón de deportes.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba:
- Non tomar líquidos tres horas antes da proba.
- Non consumir alcol 24 horas antes da proba.
- Non realizar exercicio físico nin tomar cafeína ou alimentos catro horas antes da proba.
- Non realizar a proba inmediatamente despois de terse levantado. Aconséllase deixar pasar un lapso de dúas horas antes de realizar a proba.
- Ouriñar 30 minutos antes da proba.
- Non tomar medicación diurética sete días antes da proba.
- Realizar preferentemente a análise fóra do ciclo menstrual e do período inmediatamente anterior ou posterior.
- Retirar do corpo os obxectos metálicos tales como xoias, reloxo, teléfono móbil, etc.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton apto para todos os niveis.
2.- Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas con Abono Muver.
3.- Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para confirmar a asistencia ao inicio da cada clase
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de baloncesto apto para todos os niveis.
3.- Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para coofirmar a asistencia ao inicio da cada clase
OFERTA ESPECÍFICA PARA A COMUNIDADE UNIVERSITARIA
1.- CARACTERÍSITICAS DA OFERTA: Inclúe todas as actividades, produtos e servizos baixo as condicións do centro, todos os horarios, todos os días da semana sen límites de horas de uso, de luns a domingo en todo o horario de apertura. As actividades ofertadas son: Piscina, zona Spa e Sala de fitness 750M2 Actividades con acceso libre para aboados con monitor: Ciclo Indoor, actividades coreografiadas; zumba, aerobic… actividades funcionais e de dinamización; Hiit, Core… Acceso á APP BeOne con programas de adestramentos e seguimento de rutinas Acceso a os mesmos descontos nos cursos Club que teñen os aboados do centro.
2.- HORARIOS E CUSTE:
O desconto nos abonos e os horarios é mellor consultalos nas instalación do ximnasio xa que poden sufrir modificacións no período de duración do convenio.
Os interesados deberán acreditarse como membros da comunidade universitaria.
3.- MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO:
Tlf: +34 986 86 38 55
Email: campolongo@beone.es
Web: https://beone.es/gl/centers/campolongo
Enderezo: Praza da Constitución s/n, 36001 Pontevedra
PRAZO DE RESERVA de praza para o campus de Pontevedra: do 29 de abril ás 09:00h ata o 6 de maio ás 14:00h.
Notas de interese:
O mínimo de solicitudes de reserva de prazas é de 15 menores:
a.- Se non se acada este mínimo: non se abrirá prazo para a formalización da inscrición neste campus.
b.- Se se acada o mínimo: as persoas solicitantes recibirán un aviso por correo electrónico especificando un prazo para formalizar a súa inscrición e efectuar o pago correspondente.
Rematado este prazo e de non formalizarse todas as solicitudes (mínimo 15 menores) con reserva previa, as persoas inscritas que o desexen poderán optar por indicar o seu interese en que as/os fillas/os participen no campus de Vigo ou ben solicitar a devolución dos prezos aboados a través do procedemento establecido ao efecto.
Guía informativa:
PRAZO INSCRICIÓN: do 12 de maio ás 9:00h ata o 4 de xuño ás 14:00h.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1º Comprobación de datos:
Na pantalla de “Datos usuario/a” no recadro de “Usuarios/as tutelados” teredes que comprobar que as fillas ou fillos que van a asistir ao campus camp están dados de alta e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”.
En caso de non estar dados de alta o proceso de solicitude é:
1.-No recadro de “Usuarios/as tutelados “ premer no botón “+Novo”, nesa nova pantalla cumprimentar os campos cos datos do menor .
2.-Na parte dereita de “Documentación obrigatoria” haberá o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas.
3.-Marcar o recadro de “acepto os termos e condicións de uso”
4.-Por último premer en “Rexistrar”
Unha vez que esta solicitude sexa validada polo servizo de Xestión da Extensión Universitaria, Unha vez sexa validada a solicitude, recibirás unha mensaxe por mail confirmando o Rexistro correcto como usuario/a tutelado/a.
Recomendamos realizar este proceso antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp.
2º Inscrición: unha vez aberto o prazo de inscrición na actividade correspondente
1.- Selecciona como usuario/a ao fillo/a
2.- Elixe o periodo, períodos ou días soltos nos que se inscribirá.
3.- Cumprimenta o cuestionario con “Información extra”, e sube como arquivo pdf a tarxeta sanitaria da filla/fillo.
4.- Confirma a inscrición e no caso de inscribir a un 2º ou sucesivo fillo/a, preme no botón de “Continuar mercando” e realizar os mesmos pasos que co 1 filla/o.
5.-Premer no botón de “tramitar pedido” e elixe o método de pago.
Neste momento pódese visualizar o desglose da contía a pagar, que incluirá os descontos correspondentes de conformidade coa convocatoria.
IMPORTANTE: de non realizarse o pagamento no prazo indicado, segundo o método elixido, a inscrición se eliminará automáticamente.
Información descontos en función do número de fillos/as:
Aplicaranse sempre e cando os/as nenos/as sexan matriculados no mesmo periodo.
No caso de “días soltos”, nos que non haberá dereito a desconto.
- 10% no 2º fillo/a.
- 15% no 3º fillo/a
- 20% no 4º fillo/a
- 25% no 5º fillo/a
1. Catálogo de actividades
Cursos e clases de golf en grupos de 4-6 persoas. Horario de luns a xoves entre ás 14.00 h e ás 16.00 h.
2. Oferta para a comunidade universitaria
Clase de 55 min 1 día á semana: 30 € persona / mes
Curso de 16 horas durante o período novembro a maio: 120 €.
3. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
4. Outras consideracións
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora:
- Material por conta do clube.
- Bolas de prácticas en préstamo pagado polo xogador/a (aproximadamente 1 balde por persoa e clase).
- É preciso reservar a clase antes das 12.00 do día en que se pretende asistir.
É recomendable confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
5. Máis información e contacto
Páxina web: riadevigogolf.com
Instagram: @riadevigogolf_oficial
Tel.: 986 327 051
Whatsapp: 670 97 26 58
Enderezo: San Lorenzo Domaio. CP. 36957. Moaña (Pontevedra)
1. Información xeral
O Club Escola Xadrez Pontevedra é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que se mantén unha intensa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do xadrez entre a comunidade universitaria e a poboación da contorna dos campus de Pontevedra e Vigo. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de escolas de iniciación e perfeccionamento (presenciais e en liña) ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada
Na actualidade, o club conta con equipos en case todas as categorías autonómicas, incluida a División de Honra. Para participar nas actividades federadas organizadas polo club Escola Xadrez Pontevedra deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
3.- Máis información e contacto
Páxina web: Escola Xadrez Pontevedra
Facebook: @xadrezpontevedra
Correo electrónico: escola@xadrezpontevedra.com
Tel.: 650645318
Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes para o ano 2026. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través do seguinte link e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
A Federación Galega de Bádminton e a Universidade de Vigo asinan convenios de colaboración anualmente para promover de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e poboación da contorna.
O programa de actividades durante o curso 2025-2026 inclúe as seguintes actuacións:
1. Escolas deportivas de iniciación ao bádminton
2. Organización e seguimento dun grupo de traballo para a dinamización d bádminton entre a comunidade universitaria.
4. Organización e dirección técnica do equipo da Universidade de Vigo nas competicións interuniversitarias
5. Cursos de monitores/as e de arbitraxe.
6. Competicións e eventos federados
A Federación Galega de Judo e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración con data do 26 de xuño do 2019 para o desenvolvemento desta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e a poboación da súa contorna.
Para acadar este obxectivo poderanse realizar, entre outros, os seguintes tipos de actividades:
1. Persoas destinatarias
Persoas cun abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de praza
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos días nos que se imparta esta actividade. Para reservar debes ir a miña conta / histórico / entradas / nova sesión.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de Pickleball apto para todos os niveis.
As entradas multideporte permítenlle o acceso puntual ás instalacións deportivas a aquelas persoas sen abono.
Cada entrada permitirá un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás salas cardio-fitness, ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao rocódromo (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades ás que teñen acceso as persoas con abono. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
Existen tamén bonos multideporte de 5 ou 10 usos, cunha caducidade dun ano.
Estes bonos teñen unha caducidade dun ano natural e permiten realizar entradas multideporte.
Cada entrada da un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao muro de escalada (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades dirixidas ás que teñen acceso as persoas con abono muver. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos dias nos que se imparta esta actividade.