1. Organizador: Universidade da Santiago de Compostela
2. Lugar: Monte Gaiás e Cidade da Cultura
3. Participantes
Poderá participar calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada particimante. Haberá categoría masculina, feminina e unha terceira de iniciación mixta non competitiva.
4. Percorrido
A competición disputarase na modalidade individual diúrna de tipo individual e contra reloxo, de distancia media e con visita obrigatoria dos controis na orde indicada.
5. Clasificacións
Estableceranse clasificacións feminina, masculina e por universidades.
6. Recoñecemento de créditos ECTS
A Universidade de Vigo recoñecerá a participación nun Campionato Galego Universitario con 7,5 h ECTS.
7. Regulamento
Publicado como archivo adxunto.
1.- Distancia: 17 km.
2.- Percorrido: Camiño de San Rosendo e Aquis Querquennis
3.- Notas específicas sobre a ruta: distancia: 17 km (dificultade media)
4.- Descrición: un percorrido que combina natureza e historia, explorando o campamento romano de Aquis Querquennis, unha mostra do pasado romano en Galicia, e a igrexa de Santa Comba de Bande, unha xoia do prerrománico galego. Ademais, haberá sorpresas que conectan co legado espiritual de San Rosendo.
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
1.- Distancia: 14 km.
2.- Percorrido: Fragas do Eume e visita ao Mosteiro de Caaveiro
3.- Notas específicas sobre a ruta: distancia: 14 km (dificultade media)
4.- Descrición: unha inmersión nun dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa. A ruta culmina co mosteiro de San Xoán de Caaveiro, fundado no século X, e rodeado dunha paisaxe espectacular onde historia e natureza danse a man.
2.- Percorrido: de Arou a Cabo Vilán
3.- Dificuldade: media
4.- Notas específicas sobre a ruta: esta travesía pola Costa da Morte inclúe praias virxes, o Cemiterio dos Ingleses e o emblemático Faro Vilán, o primeiro faro de España en funcionar con luz eléctrica, que se ergue como testemuña das duras condicións do Atlántico.