1. Información xeral
O Celta Baloncesto Feminino é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do baloncesto entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividades federadas do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Celta Baloncesto Feminino deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes respecto das condicións xerais ofertadas polo club. Unha vez vinculadas ao club deberán acreditar a súa condición nesta aplicacion web para poder gozar das vantaxes no uso das instalacións deportivas establecidas no convenio de colaboración.
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web.
4. Máis información e contacto
Páxina web: celtabaloncesto.com
Facebook: @celtabaloncesto
Correo electrónico: info@celtabaloncestofemenino.com
1. Catálogo de actividades
Cursos e clases de golf en grupos de 4-6 persoas. Horario de luns a xoves entre ás 14.00 h e ás 16.00 h.
2. Oferta para a comunidade universitaria
Clase de 55 min 1 día á semana: 30 € persona / mes
Curso de 16 horas durante o período novembro a maio: 120 €.
3. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
4. Outras consideracións
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora:
- Material por conta do clube.
- Bolas de prácticas en préstamo pagado polo xogador/a (aproximadamente 1 balde por persoa e clase).
- É preciso reservar a clase antes das 12.00 do día en que se pretende asistir.
É recomendable confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
5. Máis información e contacto
Páxina web: riadevigogolf.com
Instagram: @riadevigogolf_oficial
Tel.: 986 327 051
Whatsapp: 670 97 26 58
Enderezo: San Lorenzo Domaio. CP. 36957. Moaña (Pontevedra)
1. Características da oferta:
Kárate e defensa persoal.
2. Prezos e horarios:
- 2 h / semanais de Karate (martes e xoves de 20.00 a 21.00): 25 € / mes.
- 4 h / semanais de Karate (martes e xoves de 20.00 a 22.00): 40 € / mes
- Taller 3 h defensa persoal: 20 € / mes.
- Acreditar no centro deportivo a condición de comunidade universitaria.
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
Web: Club Helenos Kárate
Tel.: 690 717 265
Enderezo: Pavillón de Coia. Av. de Castelao, 66B. CP 36209 Vigo (Pontevedra)
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).
O Ourense Gaels é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que mantén unha intensa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do fútbol gaélico entre a comunidade universitaria e a poboacion da contorna do campus de Ourense. Entre estas actividades están incluídas a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de escolas de iniciación e perfeccionamento ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada do club
O Ourense Gaels participa na Liga Galega de Fútbol Gaélico con dous equipos: o Auriense Campus da Auga FG na categoría masculina e o Afiadoras Campus da Auga FG na feminina.
Para participar nas actividades federadas organizadas polo club Ourense Gaels deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
3. Convenio de colaboración: Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
4. Máis información e contacto:
Facebook Auriense: @auriensefg/
Facebook Afiadoras: @afiadorxs.futebolgaelico
Correo electrónico Auriense auriensefg@gmail.com
Correo electrónico Auriense afiadoras@gmail.com
O Ourense Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo pero coa que mantén unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria da cidade de Ourense. Nestas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Ourense Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais establecidas polo club.
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada), deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Páxina web Ourenserugby.com
Facebook: @ourenserugby
Correo electrónico: ourenserugby@ourenserugby.com
O Vigo Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo mais coa que existe unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria. Entre estas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Vigo Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais ofrecidas polo club.
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada) deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Páxina web: Vigo Rugby Club
Facebook: @Vigorugby
Correo electrónico: info@vigorugby.es