Duración do Obradoiro: 30 horas.
Obxectivos principais:
O Obradoiro pretende axudar ás diferentes persoas a organizar a súa finca para conseguir un maior entendemento do funcionamento dunha horta, así como as relacións que nela se dan para poder acadar mellores resultados.
Dende unha visión global achegarémonos ao mundo da agricultura orgánica explorando diferentes metodoloxías e aportando diferentes ferramentas que axuden a entender mellor o funcionamento das nosas terras de cultivo.
Este Obradoiro é o segundo de dous obradoiros que se complementan entre sí, e completa, dun xeito máis práctico os contídos do primeiro Obradoiro.
No Obradoiro práctico de agricultura orgánica, ademáis das actividades que se proponen no programa, vanse levar a cabo os traballos propios da época do ano na horta, colaborando co grupo de persoas que están a participar do proxecto de horta colectiva no CUVI.
Docente: Jacobo Ojea Reyes.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.