Docente: Carlos González Jardón
O programa eDestrezas vai orientado ao desenvolvemento e a mellora das competencias dixitais do alumnado, PDI e PAS da Universidade de Vigo.
Este curso ten unha duración de 30 horas lectivas (6 sesións de 4 horas de docencia síncrona a través do Campus Virtual + 6 horas de traballo do alumnado).
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Que podemos aprender de nós mesmas/os xogando a ser outras/os? Actuar é probar, probar é arriscarse, equivocarse ou ... acertar. O xogo dramático e a improvisación poden ser ferramentas de coñecemento persoal, sempre que estemos dispostas/os a xogar en todos os sentidos e con todos os sentidos.
Cada quen ten as súas careacterísticas vocais. O traballo coa voz toma como punto de partida a nosa identidade para ampliar as nosas capacidades rescatando oe pondo en valor todo o potencial que o traballo que desenvolvemos vaia precisando. É un proceso contínuo na procura da nosa propia voz para poder poñela ao servizo das necesidades e para evitar patoloxías.
Neste curso procuraremos mellorar as capacidades comunicativas, axudando a coñecer as claves e as técnicas para falar en público. Descubriremos as ferramentas para unha boa e exitosa comunicación.
Docente: Guillermo Rey González
Docente: Antonio Ballesteros Pazó
Docente: Luis Pena Morandeira
Docente: Pablo Falcón Oubiña
Docente: Joan Miquel Vergés