1.- Distancia: 16 km. (dificultade media - alta)
2.- Percorrido: Vilar - Froxán - Vilamor - Campa.
3.- Notas específicas sobre a ruta: o Courel é un dos territorios máis antigos da península. O seu interese xeolóxico é manifesto coa multitude de covas que existen na contorna. Neste percorrido estaremos ante a gran reserva verde de Galicia. Todas as especies, excepto as litorais, teñen representación neste cruzamento xeográfico de montaña, con características atlánticas e mediterráneas. Visitaremos o Castro de Vilar así como a Ermida de San Roque, dentro dun itinerario entre sobreiras, castiñeiros e a presenza do río Lor. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
4.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada. As persoas menores de 16 anos que desexen participar nesta actividade irán sempre acompañadas dunha persoa adulta responsable e deberán poñerse en contacto co Servizo de Extensión Universitaria ou as Áreas de Servizos á Comunidade para formalizar a súa inscrición.
5.- Outra información xeral de interese:
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
1.- Distancia: 17 km.
2.- Percorrido: Parada, Porto-Alemparte, Arnuide, Seiró, Bóveda
3.- Notas específicas sobre a ruta:Distancia: 17 km Dificultade: media Descrición: O mellor miradoiro para comprender as dimensións da extinta Lagoa de Antela sitúase en Bóveda (Vilar de Barrio). Desde este punto podemos divisar unha extensión de máis de vinte quilómetros á redonda. Coa serra de San Mamede ás nosas costas, a nacente do Río Limia. Esta situación estratéxica entre os vales do Limia e Arnoia está vixiada polo “Monte do Castelo”, un xacemento arqueolóxico único en Galicia que supera as 15 hectáreas de extensión e os 2000 anos de antigüidade. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
1.- Distancia: 17 km
2.- Percorrido:Ponte Mera, Casón, Bíduido, Teixido.
3.- Notas específicas sobre a ruta: O Apóstolo Santiago chegou ás nosas costas nunha barca de pedra e nas nosas costas rematará esta peregrinación polos camiños de Galicia. Partimos da vila mariñeira de Cee, pasamos por Corcubión e chegaremos a Fisterra, que tamén chaman "a fin da terra" ou "a fin do mundo". Que mellor lugar para poñer fin tamén á nosa aventura?
4.- Inscricións:Os camiños nacen e morren como os homes se ninguén os percorre, e este de Ourense a Teixido levaba moito tempo de agonía sen camiñantes, con esa frase de Álvaro Cunqueiro introducimos esta pelerinaxe que en 1927 Ben-Cho-Sey, Vicente Risco e Otero Pedrayo decidiron levar a cabo. Coa premisa “A San Andrés de Teixido vai de morto o que no foi de vivo”, daremos a coñecer este enclave situado nas Rías Altas de Galicia, sobre os cantís máis altos da Europa continental, no municipio de Cedeira. Sobre este pequeno lugar se cerne o segundo santuario máis visitado da comunidade galega: Santo André de Teixido. Un lugar cargado de historia, de beleza e de lenda. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
1.- Distancia: 18 km.
2.- Percorrido: Muxía,Praia de Lourido, Praia de Arnela, Praia da Moreira, Touriñán.
3.- Notas específicas sobre a ruta: Este roteiro entre Muxía e Cabo Touriñán pertence ao Camiño dos Faros da Costa da Morte, concretamente a Etapa 7 entre Muxía e Nemiña. Un Roteiro que ao longo de 200 km entre Malpica e Fisterra, percorre esta abrupta, máxica, fermosa, e salvaxe costa. Cantís, praias, faros, rías, sentindo o alento do mar e a forza do vento. A ruta inclúe paradas interpretativas a cargo de persoal especializado.
1.- Distancia: 13 km.
2.- Percorrido: Vilarinho, Espiunca, Areinho.
3.- Notas específicas sobre a ruta: As pasarelas ou pasadizos do Paiva, ou en portugués, Passadiços do Paiva, é un carreiro de case 9km sobre pasarelas de madeira xunto ao río Paiva. É das novas atraccións turísticas de Portugal xunto ao Ponte 516 de Arouca, unha ponte de aceiro suspendido tamén sobre o río. Os Passadiços proporcionan un paseo inmellorable de 9 km, rodeado de paisaxes de gran beleza, nun auténtico santuario natural, xunto a baixada de augas bravas.