1. Entidade organizadora: Club Escola Rosalía
2. Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton.
3. Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas da comunidade universitaria e familia UVigo (idade mínima 6 anos). Non é necesario dispoñer de raqueta.
4. Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Iniciar sesión / Nova entrada) e pasar pola conserxería do pavillón para confirmar a asistencia ao inicio de cada clase.
1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
2. Persoas destinatarias
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición a través da web do Club Peña Trevinca ou chamando ao 660 693 535. Unha vez feita, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse nesta actividade do campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que non sexa necesario federarse. Contacta co 660 693 535 para resolver calquera dúbida.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (22 €/mes grupo infantil-xuvenil e 30 €/mes resto de grupos).
A actividade está organizada pola Club Ourense Gaels.
Comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) e persoas externas.
3. Prezos
A actividade será gratuíta para a comunidade universitaria da UVigo. As persoas externas deberán contactar directamente coa entidade organizadora para que lles informen dos prezos e condicións desta actividade.
4. Procedemento de inscrición
- Realizar a pre-inscrición nesta web.
- Poñerse en contacto coa entidade colaboradora.
Título da Actividade: Iniciación ao Rugby Seven.
Nome do relator: Óscar Ferreras. Director Deportivo do Vigo Rugby Club
Joaquín Lago Maguna Adestrador do Vigo Rugby Club
Breve descrición da actividade:
Trátase dunha actividade de iniciación ó Rugby Seven para persoas universitarias. Antes do fin da actividade celebrarase un torneo no Campus de Vigo onde participarán equipos dos tres Campus.
Obxectivos:
Promocionar o Rugby na comunidade universitaria. Captar xogadoras e xogadores universitarios para os equipo de Rugby das cidades de cada Campus. Esta actividade é unha porta de entrada a un proxecto máis ambicioso de ligas intercentros de Rugby Seven, unha modalidade do rugby que ademáis é deporte olímpico.
Metodoloxía:
Os temas a tratar nesta actividade son conceptos básicos do Rugby:
1. Persoas destinatarias:
Terán prioridade as persoas pertencentes á comunidade universitaria e á comunidad Alumni Uvigo. No caso de quedar prazas libres ao remate do prazo de inscrición, abrirase para o resto de persoas interesadas.
2. Inscricións:
- Realizar a inscrición nesta web.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3. Recoñecemento de horas ECTS
- Recoñeceranse ata 30 horas ECTS polo nivel de iniciación e 30 horas polo de perfeccionamento. Estas horas poderán acadarse unha soa vez por cada nivel.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
1.- Descrición
Escola deportiva de tenis de iniciación e perfeccionamento. Non son necesarios coñecementos previos. Cada alumno deberá traer a súa propia raqueta.
3. Inscricións
4. Información adicional
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico. Estas horas son incompatibles coas da pertenza ao equipo federado.
1. Persoas destinatarias
Terán prioridade os fillos e fillas das persoas pertencentes á comunidade universitaria. No caso de quedar prazas libres ao remate do prazo de inscrición, abrirase para o resto de persoas interesadas.
NOTA IMPORTANTE: para dar de alta na web a unha persoa menor de 16 anos, as persoas titoras deberán primeiro darse de alta a si mesmos e despois rexistrar aos menores dentro do seu usuario/a (en Miña conta/Rexistrar usuarios tutelados).
Club Tenis de Mesa Vigo.
Actividade de balde para as persoas da comunidade universitaria da UVigo ou para persoas externas con abono mUVer ou entrada multideporte. No caso de quedar prazas libres poderán ser ocupadas por persoas con licenza federada polo Club Tenis de Mesa Vigo.
3. Descrición
Os luns e os mércores desenvolveranse encontros de partidas rápidas (nivel intermedio e avanzado) mentres que os martes e xoves a actividade será de carácter máis formativ para niveis de iniciación e intermedio-baixo.
4. Inscrición e reserva
Debe realizarse unha reserva de praza previa para cada sesión (Iniciar sesión / Nova entrada). Esta reserva pode facerse por internet cunha antelación máxima de 2 días e ata o momento do comezo da clase.
Comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) ou persoas con abono mUVer.
2. Prezos
A actividade será gratuíta para as persoas con abono muver. Do 19 ao 26 de setembro serán xornadas gratuitas de portas abertas para poder probar a actividade.
3. Inscrición e rexistro
As persoas interesadas deben reservar nesta web a súa praza para as xornadas de portas abertas. O dia 27 de setembro abrirase o prazo para a inscricion do 1º cuadrimestre, o día 1 de febreiro abrirase o prazo para a inscrición do 2º cuadrimestre.
4. Asistencia e recoñecemento de créditos
- Durante o curso rexistrase a asistencia a cada adestramento na conserxería do pavillón. As ausencias non xustificadas á actividade poderán resultar na perda da praza.
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico.
- Unha vez que se remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
Entidade organizadora: Club Voleibol Pontevedra
Descrición: escola de Iniciación e perfeccionamento de Voleibol
Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas con Abono Muver.
Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para coofirmar a asistencia ao inicio da cada clase
A actividade está organizada polo club Asociación Xadrez Ourensán Universitario.
A actividade será gratuita para a comunidade universitaria da UVigo.
4. Inscrición e rexistro
As persoas interesadas deben inscribirse nesta web para reservar a súa praza.
5. Recoñecemento de créditos
A Escola Xadrez Pontevedra, situada na Praza Fermín Bouza Brey 2 (ao lado dos Xulgados de Pontevedra), ten un convenio de colaboración coa Universidade mediante o cal as persoas pertencentes a nosa comunidade poden acceder a un 20% de desconto nas clases impartidas nos niveis de Iniciación e de Perfeccionamento.
Aplicando o desconto, as clases teñen estas tarifas:
Para acceder a cada nivel haberá unha proba de acceso previa.
As inscrición realizaranse na propia sede do clube amosando o xustificante de pertenza a comunidad universitaria (resgardo da matricula, nómina, etc).