1. Oferta para a comunidade universitaria
- Desconto de 5 € / sesión sobre a tarifa xeral das consultas de fisioterpaia.
2. Procedemento para beneficiarse da oferta:
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
As persoas terán acceso aos servizos indicados baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
4. Máis información e contacto
Páxina web: aliciafisioterapiavigo.es
Tel.: 698 129 762
Correo electrónico: alicia@aliciafisioterapiavigo.es
Enderezo: rúa Quintela, 23 baixo. C.P. 36209 de Vigo (Pontevedra)
1. Características da oferta
Inclúe todas as actividades e instalacións do centro:
- De luns a venres de 7.00 h a 23.00 h
- Sábados de 9.00 h a 20.00 h
- Domingos e festivos de 9.00 h a 14.00 h
As actividades dirixidas incluídas na oferta son Pilates, GBody, GBox, GMind, GEnergy, GFuncional , Zumba, Gbike, GAP, core e estiramentos. Tamén inclúe sauna e armario gratis nos vestiarios, ademais de dúas horas de aparcamento gratis no C.C Praza Elíptica. As cuotas do convenio, son específicas para disfrute na cidade de Vigo, quedando excluído o servizo de pasaporte a outros clubes da cadea.
2. Prezos
- Cota mensual: 27,90 € (+ 6,90 € da tarxeta identificativa de persoa socia)
3. Procedemento de inscrición
- Acreditar no centro deportivo a condición de comunidade universitaria.
4. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
5. Máis información e contacto
Páxina web: Altafit Gym Club
Correo electrónico: vigo@altafit.es
Enderezo: Praza Francisco Fernández del Riego s/n. C.C. Plaza Elíptica.
1. Características da oferta:
- Asistencia gratuíta ao Curso Fundamentos Básicos do Crossfit para calquera persoa pertencente á comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
- A maiores, e só para as persoas pertencentes á comunidade universitaria Uvigo (alumnado, PAS e PDI), 5 € de desconto en calquera das cotas ds servizos ofertados polo centro.
As persoas asociadas poderán asistir a todos os centros abertos de BOX 004 en Galicia (Marín, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
Páxina web: www.box004.com/centros
Instagram: @box004
1. Información xeral
O Celta Baloncesto Feminino é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do baloncesto entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica como deporte federado ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividades federadas do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Celta Baloncesto Feminino deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes respecto das condicións xerais ofertadas polo club. Unha vez vinculadas ao club deberán acreditar a súa condición nesta aplicacion web para poder gozar das vantaxes no uso das instalacións deportivas establecidas no convenio de colaboración.
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web.
Páxina web: celtabaloncesto.com
Facebook: @celtabaloncesto
Correo electrónico: info@celtabaloncestofemenino.com
Un 20 % de desconto sobre as tarifas xerais do centro para a comunidade universitaria e familiares directos. A oferta de actividades inclúe todas as actividades do centro (pilates, ximnasia de mantemento, reeducación postural, costas saudables e estiramentos) en todo o horario de apertura do centro sen límite de horas de uso.
- Acreditar no centro deportivo a condición de comunidade universitaria ou familiar.
Páxina web: juanmanuelbarbera.blogspot.com.es
Facebook: @centrodepilatesjuanbarberaenvigo
Tel.: +34 986 197 423 / 620 948 851
Correo electrónico: infinitamentejuan@gmail.com
Enderezo: rúa Pega, 4, CP. 36205 Vigo (Pontevedra).
1. Catálogo de actividades
Cursos e clases de golf en grupos de 4-6 persoas. Horario de luns a xoves entre ás 14.00 h e ás 16.00 h.
2. Oferta para a comunidade universitaria
Clase de 55 min 1 día á semana: 30 € persona / mes
Curso de 16 horas durante o período novembro a maio: 120 €.
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora:
- Material por conta do clube.
- Bolas de prácticas en préstamo pagado polo xogador/a (aproximadamente 1 balde por persoa e clase).
- É preciso reservar a clase antes das 12.00 do día en que se pretende asistir.
É recomendable confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: riadevigogolf.com
Instagram: @riadevigogolf_oficial
Tel.: 986 327 051
Whatsapp: 670 97 26 58
Enderezo: San Lorenzo Domaio. CP. 36957. Moaña (Pontevedra)
Kárate e defensa persoal.
2. Prezos e horarios:
- 2 h / semanais de Karate (martes e xoves de 20.00 a 21.00): 25 € / mes.
- 4 h / semanais de Karate (martes e xoves de 20.00 a 22.00): 40 € / mes
- Taller 3 h defensa persoal: 20 € / mes.
Web: Club Helenos Kárate
Tel.: 690 717 265
Enderezo: Pavillón de Coia. Av. de Castelao, 66B. CP 36209 Vigo (Pontevedra)
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).
10% de desconto para as persoas pertencentes á comunidade universitaria da Universidade de Vigo sobre a tarifa vixente de 85€/mes.
Páxina web: escuelaequitacionsancosme.com
Instagram: @escuelaequitacionsancosme
Tel.: 677 693 171 / 639 149 689
Correo electrónico: alazan@equitacionsancosme.com
Enderezo: Camiño de Erville, 10, 36310 Vigo (Pontevedra)
Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través desta web e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
A Federación Galega de Bádminton e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración para promover de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e poboación da contorna.
O programa de actividades durante o curso 2023-2024 inclúe as seguintes actuacións:
1. Escolas deportivas de iniciación ao bádminton
2. Organización e seguimento dun grupo de traballo para a dinamización d bádminton entre a comunidade universitaria.
4. Organización e dirección técnica do equipo da Universidade de Vigo nas competicións interuniversitarias
5. Cursos de monitores/as e de arbitraxe.
6. Competicións e eventos federados
Fix Salud y Deporte ofrece servizos de adestramento persoal a distancia, consultas de fisioterapia, de nutrición e de psicoloxía deportiva.
- Fisioterapia: 25 € / sesión - Nutrición e dietética: 30 € / sesión - Adestramento personal a distancia e asesoramento deportivo: 50 € / mes
As persoas terán acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: www.grupofix.es
Instagram: @fixsaludydeporte
Tel.: 661 437 104 / 986 042 897
Correo electrónico: info@grupofix.es
Enderezo: Rúa de García Barbón, 63, 36201 Vigo, Pontevedra
Acceso libre e ilimitado á área de fitness:
- De 7.30 h a 23.00 h de luns a venres
- De 9.30 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h os sábados
- De 10.00 h a 14.00 h os domingos.
Inclúe todas as actividades colectivas gratuítas para as persoas usuarias da instalación (tonificación, sh’bam, step, body step, spinning, body balance, GAP, training bike, TRX, body combat, body pump, RPM, abdominais, zumba, stretching, total condition…) agás aquelas de pago suplementario. Uso libre da sauna, baño turco e servizo de armarios na zona de vestiarios.
2. Prezos e períodos
- Mensual: 25 €
- Primeiro cuadrimestre (01/09/2023 - 15/01/2024): 80 €
- Segundo cuadrimestre (16/01/2024 - 31/05/2024): 80 €
- Curso completo (01/09/2023 - 31/05/2024): 150 €
- Verán (01/06/2024 - 31/08/2024): 60 €
- Anual (01/09/2023 - 31/08/2024): 205 €
Páxina web: Florida Gym
Tel.: +34 986 206 961
Correo electrónico: info@floridagym.es
Enderezo: Avda. Florida 32 baixo. Vigo (Pontevedra)
Acceso a dúas clases semanais de taekwondo dunha hora de duración, a elixir entre luns, mércores e venres de 21.20 h a 22.20 h.
- 1º cuadrimestre (01/09/2023 - 15/01/2024): 65 €.
- 2º cuadrimestre (16/01/2024 - 31/05/2025): 65 €.
- Verán (01/06/2024 - 31/08/2024): 30 €.
- Anual (01/09/2023 - 31/08/2024): 145 €.
Facebook: A.D. Escuela Tao
Tel.: +34 986 204 879
Enderezo: rúa Coruña 13, baixo. Vigo (Pontevedra).
Clases de judo de luns a venres. As persoas da comunidade universitaria terán un 10 % de desconto nas tarifas vixentes do centro.
Facebook: AD Famu
Tel.: +34 986 439 359
Correo electrónico: info@adfamu.com
Enderezo: rúa Romil, n º 18 baixo dereita. C. P.: 36202. Vigo (Pontevedra).
15 % de desconto para a comunidade universitaria na actividade de pilates respecto da tarifa xeral do centro.
Páxina web: inexpilates.com
Facebook: @inexpilates
Instagram: @inexpilatesvigo
Tel.: +34 604 027 543
Enderezo: rúa Illas Baleares, nº 36. CP: 36203. Vigo (Pontevedra)
1. Abonos para estudantes:
- Matinal: luns a venres de 7:30 a 16:30. Inclúe acceso á piscina, á sala cardiofitness e ás actividades dirixidas do mediodía. Custe: 70 € de setembro a xuño.
- Completo: luns a venres en todo o horario de apertura= 140 € de setembro a maio + 10 € de matrícula. Inclúe acceso á piscina, á sala cardiofitness e ás actividades dirixidas.
2. Abonos para PDI e PAS: - Matinal: luns a venres de 7:30 a 16:30= 25,90 € / mes. Inclúe acceso á piscina, á piscina, á sala cardiofitness e ás actividades dirixidas do mediodía. - Completo: luns a venres en todo o horario de apertura = 29,95 € / mes. Inclúe acceso á piscina, á sala cardiofitness e ás actividades dirixidas.
3. Cursos específicos: - Natación: clases de 45 min dous días / semana con recoñecemento académico en créditos ECTS por parte da Universidade das horas efectivamente realizadas. Consultar horarios no centro. Prezo comunidade universitaria: 75,20 € / cuadrimestre (19 de setembro ao 22 de xaneiro e do 23 de xaneiro ao 31 de maio. - Salvamento deportivo: 1 clase / semanal. Prezo comunidade universitaria: 14,90 € / mes.
Páxina web: Instintodeportivo/vigo
Tel.: +34 986 468 531
Correo electrónico: cdu@instintodeportivo.net
Enderezo: Complexo Deportivo Universidade de Vigo. Ctra. Marcosende s/n. C. P. 36310 Vigo (Pontevedra).
As persoas da comunidade universitaria terán un desconto nas tarifas vixentes dos abonos familar, individual adulto e xove dos centros de Coia-Florida, Barreiro e Navia.
2. Actividades e servizos incluídos
Baño libre, spa urbano, sala fitness con adestramento básico personalizado incluído, máis de 50 actividades dirixidas semanais en seco e auga e descontos na reserva de pistas e cursos de pádel. Accesos ilimitados sen restricción horaria.
3. Prezos
- Abono Individual (Premium): 41,50 €/mes
- Abono Xoven: 35,50 €/mes
- Abono Familiar: 42,20 €/mes + 10,10 € a maiores para o/a cónxuxe (ou parella en análoga correspondencia) e cada fillo/a menor de 14 anos.
-Matrícula gratuíta.
Estas tarifas regularanse automaticamente en aplicación da subida do IPC aprobada polo Concello de Vigo no verán do 2023, para o curso 2023-2024.
4. Procedemento de inscrición
5. Outras consideracións
6. Máis información e contacto
Páxina web: Máis Que Auga
Centro de Barreiro
Tel.: +34 986 407 245 (Barreiro)
Correo electrónico: barreiro@maisqueauga.com
Enderezo: Urania Mella Serrano, s/n. CP: 36205 Vigo.
Centro de Coia-Florida
Tel.: +34 986 247 629
Correo electrónico: coia-florida@maisqueauga.com
Enderezo: praza da Tellada s/n. CP 36209 Vigo
Centro de Navia
Tel.: +34 886 689 854
Correo electrónico: navia@maisqueauga.com
Enderezo: rúa Lamela s/n. CP 36212 Vigo
10 % de desconto sobre a tarifa estándar nos cursos de monitor/a de tempo libre, director/a de tempo libre e curso monográfico de tempo libre.
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou familiar directo desta.
Páxina web: www.marexada.es
Instagram: @marexadasl
Tel.: 670 892 307
Correo electrónico: info@marexada.es
Enderezo: Estación Marítima da Ría. Rúa Cánovas del Castillo s/n, Local 7, 36202 Vigo - Pontevedra
Descobre en bicicleta ou barco a cidade de Vigo, a súa Ría, as súas praias e as Illas Cíes, disfrutando da natureza e a gastronomía.
20 % de desconto para ás persoas da comunidade universitaria sobre as tarifas xerais dos produtos e servizos da entidade colaboradora.
Páxina web: mvico.es
Instagram: @mvico.bikexperience
Tel.: 606 988 602
Correo electrónico: info@mvico.es
Enderezo: rúa Portoloureiro, 21. CP. 36213 Vigo
1. Descrición da oferta
A entidade Prado Surfing S.L. desenvolve con regularidade actividades no medio acuático, como surf, paddle surf, bodyboard... ademais de viaxes á neve para practicar ski ou snowboard.
2. Caracterísiticas da oferta para comunidade universitaria e familiares directos
- Desconto do 20 % nos cursos diarios de surf e paddle surf.
- Exención do seguro mensual nos cursos mensuais de surf (5 €/mes).
- Prezo especial de 70 € no curso mensual de 1 dia / semana con desprazamento dende a cidade de Vigo.
- Desconto do 20 % no aluguer de material de surf, paddle surf e bodyboard.
- Desconto de 10 € nas viaxes á neve.
- Acreditar diante da entidade colaboradora a condición de membro comunidade universitaria da UVigo.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente a Prado Surfing S.L.
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: pradosurfescola.com
Facebook: @pradosurfescola
Tel.: 636 02 47 02
Correo electrónico: pradosurfescola@pradosurfescola.com
A Real Federación Galega de Fútbol e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración con data do 1 de setembro do 2018 para promocionar de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e pre-universitaria.
2. Programa conxunto de actividades
- Cursos de iniciación á arbitraxe.
- Arbitraxes da competición universitaria.
- Adestramentos e prácticas de arbitraxe.
- Aula permanente de promoción e formación na arbitraxe.
- Adestramentos ou encontros das seleccións territoriais ou galegas en idade escolar.
3. Acceso ás instalacións deportivas universitarias
As persoas con licenza federada de árbitro da RFGF que realicen os seus adestramentos nas instalacións deportivas universitarias deberán acreditar previamente a súa condición inscribíndose a través desta web.
O Vigo Rugby Club é unha entidade independente da Universidade de Vigo mais coa que existe unha longa relación de colaboración para o desenvolvemento de actividades de promoción do rugby entre a comunidade universitaria e pre-universitaria. Entre estas actividades está incluída a súa práctica como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias, o desenvolvemento de actividades de iniciación para persoas non federadas ou a organización de eventos e torneos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Actividade federada do club
Para participar nas actividades federadas organizadas polo Vigo Rugby Club deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas da comunidade universitaria disporán de vantaxes nas condicións xerais ofrecidas polo club.
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada que desexen gozar das vantaxes establecidas neste convenio (uso das instalacións universitarias ou recoñecemento de horas ECTs pola práctica federada) deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web.
Páxina web: Vigo Rugby Club
Facebook: @Vigorugby
Correo electrónico: info@vigorugby.es