A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no pavillón universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais
- Podes acceder a este servizo a través do abono mUVer ou das entradas multideporte.
- A bicicleta préstase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso está limitado ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas - Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas no circuíto de carreira a pé.
- Debe facerse un uso correcto da bicicleta, hai que devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu. De non ser así, aplicarase o establecido na normativa da Universidade.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria debe utilizar a mangueira sita na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
1.- Persoas destinatarias: Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de prazas: Deberase reservar previamente a praza para cada sesión. Esta reserva poderase facer por internet cunha antelación máxima de 3 dias e ata o momento de comezar a clase.
3. Especificidades: a escalada en bloque (ou boulder) consiste na ascensión de pequenas alturas, indoor ou en rocha, contando con colchonetas de protección. Trátase dunha variante da escalada máis física e atlética.
4. Material necesario: roupa deportiva cómoda e pés de gato. Os primeiros dias podes probar con zapatillas deportivas normais e xa despois, se decides continuar vindo regularmente, adquirir os teus propios pés de gato e tamén un bote de resina líquida.