Facultade de dirección e xestión pública- aula 10
O presente obradoiro ten como finalidade desenvolver competencias avanzadas para a mellora da convivencia no deporte base, integrando ferramentas de mediación, educación socioemocional, ciberconvivencia e intervención psicopedagóxica adaptadas aos contextos deportivos. A convivencia nas escolas deportivas e nos equipos de formación enfróntase a novos desafíos derivados da presión competitiva, das relacións entre deportistas, familias e adestradores/as, e da extensión dos conflitos ás contornas dixitais.
O obradoiro aborda estas problemáticas desde unha perspectiva aplicada, incorporando simulacións, análise de casos reais e estratexias prácticas de resolución pacífica. Ademais, inclúe unha actividade de aplicación real na que as persoas participantes elaborarán un micro-protocolo de convivencia adaptado á súa propia experiencia e ao contexto deportivo ou educativo no que desenvolvan a súa práctica, co obxectivo de fomentar climas de convivencia positivos e sostibles.
Módulo l. Convivencia e conflito no deporte base • Dinámicas sociais e competitivas nas etapas formativas. • Identificación de conflitos habituais en deportes de equipo. • Análise práctica de casos. Módulo II. Acoso e ciberacoso deportivo • Violencias verbais, simbólicas e dixitais no deporte. • Redes sociais, mensaxería e exposición pública. • Ciberhumillación e conflitos dixitais entre familias e deportistas. Módulo III. Mediación deportiva • Fundamentos da mediación en contextos deportivos. • Técnicas de comunicación e resolución pacífica. • Simulacións e role-playing en situacións reais de partido, adestramento e bancada. Módulo IV. Intervención e aplicación real • Estratexias psicopedagóxicas de mellora da convivencia. • A cibermentoría no deporte base. • Elaboración dun microprotocolo de convivencia aplicable a un club. • Creación dun Kit de Convivencia Deportiva.