Salón de actos da E.Enxeñaría Forestal- campus de Pontevedra
O Coro do campus de Pontevedra configurase como un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo así como un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria da UVigo e da cidadadía en xeral. Un dos obxectivos é o de dar forma a un novo repertorio que se achegue tamén a novas tendencias musicais. Nese senso, as sesións que se desenvolven cada semana combinan un bloque inicial centrado na linguaxe musical como a preparación dunha serie de pezas de diferentes épocas e estilos.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a vic.pon@uvigo.gal no que indicarán o seu nome completo e apelidos, dni ou nie e o colectivo ao que pertencen. Achegarán un currículum relacionado con esta actividade. O prazo de solicitudes será desde o día seguinte da publicación desta resolución reitoral no taboleiro de anuncios electrónico da Universidade de Vigo ata o 2 de outubro de 2025, ás 23.59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
SELECCIÓN: A docente, con obxecto de garantir un nivel mínimo de calidade inicial, seleccionará de entre as persoas participantes aquelas que cumpran cos requisitos técnicos de acceso mediante unha proba que terá lugar o día 7 de outubro de 2025 ás 18.00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal.
Rematada a proba, as persoas seleccionadas para o Coro do Campus de Pontevedra recibirán un correo electrónico indicándolles que deberán matricularse a través do campusactivo.uvigo.gal no prazo indicado.