Facultade de CC. Educación e Deporte- Aula 11
Este obradoiro está dirixido principalmente ao alumnado dos graos en Educación Infantil e Primaria, así como a estudantes de Educación Social, Pedagoxía, Psicoloxía, Traballo Social e profesorado en formación, este obradoiro busca promover unha docencia inclusiva, igualitaria e comprometida coa xustiza social. A través do Aprendizaxe-Servizo e o uso de redes sociais, o obxectivo é deseñar contidos audiovisuais sobre necesidades educativas reais, propoñer melloras e sensibilizar á comunidade, aliñándose cos ODS 4, 5, 10, 11 e 16.
O obradoiro estrutúrase en catro bloques temáticos interconectados, combinando reflexión teórica, deseño práctico e acción social mediante o uso das tecnoloxías dixitais: 1. Fundamentos da educación inclusiva e os ODS da Axenda 2030 Introdución á inclusión educativa e á atención á diversidade, análise do vínculo entre educación, equidade e xustiza social, e o papel dos ODS como marco global de referencia. 2. O Aprendizaxe-Servizo como metodoloxía transformadora Estudo dos principios, fases e características do ApS, o rol do alumnado como protagonista da aprendizaxe e do profesorado como guía, con exemplos prácticos aplicados á educación infantil e primaria. 3. Deseño e aplicación de proxectos de ApS inclusivos mediante redes sociais Desenvolvemento de proxectos a través da creación de spots, vídeos ou campañas audiovisuais sobre necesidades educativas reais relacionadas coa inclusión e a igualdade de xénero, difundidos en redes sociais. O alumnado analizará os espazos representados e proporá accións de mellora que fomenten contornos máis accesibles e equitativos. 4. Educación en valores, convivencia e responsabilidade social Fomento da cooperación, a reflexión ética e o compromiso coa diversidade, promovendo unha cidadanía crítica, activa e solidaria.