Pabillón Municipal Deportes- Pontevedra
1. Promoción da cultura local: O baile tradicional é unha parte importante da cultura dunha rexión. Crear un grupo de baile tradicional na universidade pode axudar a promover e preservar a cultura e as tradicións musicais locais. 2. Fomento do talento e a creatividade local: A universidade é un lugar onde estudantes con talento musical poden reunirse e desenvolver as súas habilidades nun ambiente de apoio. Isto pode levar á identificación e promoción do talento local no baile tradicional. 3. Interacción social e comunidade: Un grupo de baile tradicional pode proporcionar un espazo onde estudantes con intereses similares poidan atoparse, socializar e formar unha comunidade unida a través da música. 4. Actos culturais e representación da universidade: O grupo de baile tradicional pode representar á universidade en actos locais e comarcais, contribuíndo á promoción da institución e á participación na comunidade. 5. Poder poñer en práctica os coñecementos adquiridos no obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego do campus de Pontevedra.
Só poderán solicitar a participación neste Grupo de Baile Tradicional as persoas que pertenzan á comunidade universitaria da UVigo (PTXAS, PDI e Alumnas e Alumnos) e aquelas que estean matriculadas no obradoiro Iniciación ao Baile Tradicional Galego “Como bailar nun Serán” do campus de Pontevedra no curso 2025/2026.
As persoas interesadas deberán enviar un correo electrónico a vic.pon@uvigo.gal no que indicarán: - Nome completo e apelidos, dni ou nie e o colectivo ao que pertencen.- Currículum relacionado cos criterios de selección recollidos nestas bases. (As persoas que realizaron o obradoiro Iniciación ao Baile Tradicional Galego “Como bailar nun Serán” no segundo cuadrimeste do curso 2024/2025 e as que formaron parte do Grupo de Baile Tradicional no curso 2024/2025 NON necesitan presentar o currículo).
O prazo de solicitudes será desde o día seguinte da publicación desta resolución reitoral no taboleiro de anuncios electrónicos da Universidade de Vigo ata ás 23.59 horas (hora peninsular española) do 3 de outubro de 2025. A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude. Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes a Comisión de valoración seleccionará ás persoas candidatas de acordo cos seguintes criterios: - Currículum presentado na solicitude.- Proba de habilidades de baile: • Dominio e destreza na execución de baile tradicionais relevantes, como xota, muiñeira, valse, etc. • Habilidade e expresión corporal.: Avalía a calidade da voz, o ton e a capacidade de adaptación ao estilo vocal tradicional se é necesario. • Capacidade de adaptabilidade: Avaliaranse as capacidades do intérprete para improvisar de forma coherente no estilo desexado, así como a súa habilidade para desenvolverse escenicamente ante os imprevistos. • Coñecemento do repertorio tradicional: Proba o coñecemento de diferente repertorio e dos distintos estilos interpretativos da música tradicional galega. • Coñecementos xerais: Demostra coñecementos xerais sobre os ritmos e xéneros da música tradicional.
A docente, con obxecto de garantir un nivel mínimo de calidade inicial, seleccionará de entre as persoas participantes aquelas que cumpran cos requisitos técnicos de acceso mediante unha proba que terá lugar o día 10 de outubro de 2025 no lugar e hora que se comunicará con antelación.
Rematada a proba, as persoas seleccionadas para o Grupo de Baile Tradicional do campus de Pontevedra recibirán un correo electrónico indicándolles que deberán matricularse a través do campusactivo.uvigo.gal no prazo indicado.