1.- PARTICIPANTES:
Calquera persoas da comunidade universitaria da Uvigo.
2.- CATEGORIAS:
3.- FASES:
Haberá unha fase previa por cada campus e unha fase final na que participarán as mellor clasificadas das fase previa xunto ás cabezas de serie.
4.- HORARIO:
Os partidos xogaránse en horarios de mañá ou tarde e, dende 48 horas antes, figurarán na web da Área de Benestar, Saúde e Deporte os horarios e cadros de xogo do día seguinte. A Área de Benestar, Saúde resérvase o dereito de suprimir calquera das probas se non se consigue un mínimo de 4 inscritos.
5.- INCOMPARECENCIA (W.O.):
Aplicaráse rigorosamente o xogador/a que non compareza na pista transcorridos dez minutos despois da hora fixada para o comezo do partido.
6.- ARBITRAXE:
As persoas participantes están na obriga de arbitrar cada día un partido da proba na que está inscrito se así o decide o xuiz árbitro.
O Xuíz Árbitro do Campionato será designado polo Área de Deportes.
7-.- NORMAS XERÁIS:
Todos os partidos xogaránse segundo as normas dos CEU, serán o mellor de tres sets, aplicándose o desempate (Tie Break) en todos eles, a excepción do terceiro set que será un super-tiebreak (a 10 puntos) salvo en semi-finais e finais do cadro principal que se xogará ao mellor de tres sets con tie-break en todos eles.
As Cabezas de Serie estableceránse según a Clasificación Nacional actual da R.F.E.T.
O Campionato xogaráse con pelotas facilitadas pola Área de Benestar, Saúde e desta Universidade, estando os xogadores na obriga de devolvelas ao remate do encontro.
Todas as cuestións que se susciten e non figuren no presente Regulamento, serán resoltas polo Xuíz Árbitro do Campionato e Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, sendo o seu fallo inapelable.
1. Participación.
Poderán tomar parte neste torneo todos os equipos inscritos en prazo nas liga universitarias e, que ademais, manifesten a súa intención de tomar parte neste torneo dentro dos prazos e procedementos que se estipulen.
Os equipos expulsados regulamentariamente das súas competicións de liga universitaria, non poderán participar no Torneo de Copa Fair Play.
Os equipos deberán estar formados polos mesmos xogadores dos que se compuñan na liga universitaria correspondente.
Aos efectos de altas, baixas, aprazamentos, faltas e sancións, acreditacións, tempos de xogo e normas particulares ou calquera outro aspecto non reflectido neste apartado, manterase as normas imperantes no regulamento das ligas universitarias.
2. Casos de empate.
Modalidade
Resolución en caso de empate
Fútbol 7
O primeiro criterio de desempate será a “Deportividade”, tendo en conta as condutas antideportivas sancionadas a cada equipo no encontro segundo a seguinte orde:
- menor número de tarxetas vermellas directas;
- menor número de tarxetas amarelas.
Se persiste o empate quenda de 3 penaltis e sistema de morte súbita.
Fútbol sala
- menor número de tarxetas amarelas;
- menor número de faltas acumulativas.
Quenda de 3 penaltis. E sistema de morte súbita se persiste o empate.
Voleibol
Decídese no último set gañando de 2 puntos de diferencia.
* No caso de empate na clasificación final seguiranse as normas do Regulamento das Ligas Universitarias.
3.- Normas finais e complementarias.
A inscrición na Copa Fair Play supón aceptar e acatar as normas e bases da competición.
Vigo, 1 de febreiro de 2024