A pista de carreira a pé do campus As Lagoas-Marcosende ten unha distancia de 1000 m, o circuíto longo, e de 650 m, o curto, e discorren pola beira do estadio de atletismo e o campo de herba sintética.
1. Normas de uso xerais
- Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico para poder utilizalos.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Características da instalación
- Ano de apertura: 2015
- Dimensións (m): 1000 (circuíto longo), 650 (circuíto corto)
- Tipo de pavimento: terra
- Modalidades deportivas: carreira
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: sen límite
- Cabida público xeral: 200
- Vestiarios: si
A Ruta de Cima localízase na zona superior do campus e transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico.
1. Características da ruta
- Distancia: 1,2 km
- Duración: 45 min (1 h con guía)
- Dificultade: baixa
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587811&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S
2. Normas de uso xerais
A Ruta de Fondo localízase na parte baixa do campus e transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico.
- Distancia: 1,5 km
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587884&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S