1. Descrición: circuíto de exercicios deseñados en función das características específicas das persoas usuarias. Está dirixido a mellorar a condición física para as actividades da vida diaria e por tanto a capacidade funcional, así como a reducir o risco de lesións.
2. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
3. Reserva de prazas: debe realizarse unha reserva previa da praza para cada sesión. Pódese reservar por internet cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase.
1. Que é o adestramento personalizado en pequenos grupos?
As adestradoras e os adestradores persoais son profesionais da actividade física e do deporte que prescriben o exercicio dun xeito individualizado, tendo en conta os obxectivos que persiguen as persoas usuarias. Este adestramento personalizado pode realizarse en pequenos grupos que compartan obxectivos e característcas para así reforzar a motivación e a adherencia cara o exercicio das persoas usuarias.
2. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de persoas inscritas nalgún dos grupos, abrirase a inscrición ás persoas non universitarias ata completar o aforo.
3. Duración do programa
Dende o 19 de setembro ata o 30 de xuño, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor (cun máximo 5 persoas en cada franxa horaria) e unha terceira sesión a maiores os venres (CLASE DE GRUPO TIPO CORE, GAP...)
4. Obxectivos principais
Crear hábitos saudables, mellorar a condición física xeral e adquirir coñecementos básicos para unha actividade física segura e saudable.
5. Procedemento de inscrición
1 º Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-insrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
2 º O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3 º Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
6. Sesión de proba
Podes poñerte en contacto co persoal técnico da sala cardio-fitness para concertar unha sesión de proba.
1. Descrición
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
2. Lugar de realización da proba
Na sala cardio-fitness do pavillón de deportes.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba:
- Non tomar líquidos tres horas antes da proba.
- Non consumir alcol 24 horas antes da proba.
- Non realizar exercicio físico nin tomar cafeína ou alimentos catro horas antes da proba.
- Non realizar a proba inmediatamente despois de terse levantado. Aconséllase deixar pasar un lapso de dúas horas antes de realizar a proba.
- Ouriñar 30 minutos antes da proba.
- Non tomar medicación diurética sete días antes da proba.
- Realizar preferentemente a análise fóra do ciclo menstrual e do período inmediatamente anterior ou posterior.
- Retirar do corpo os obxectos metálicos tales como xoias, reloxo, teléfono móbil, etc.
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais de recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba
1. Persoas destinatarias
Persoas con abono mUVer ou cunha entrada multideporte.
2. Inscrición e reserva
É necesaria a reserva anticipada en cada unha das sesións.
3. Descrición
O Benestar Intefral é un programa de adestramento que combina GAP, CORE, tonificación xeral e estiramentos
O body pump é un programa de adestramento físico que combina as actividades propias do aeróbic con traballo muscular mediante a realización de exercicios de levantamento de pesas.
1. Características da oferta:
- Asistencia gratuíta ao Curso Fundamentos Básicos do Crossfit para calquera persoa pertencente á comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
- A maiores, e só para as persoas pertencentes á comunidade universitaria Uvigo (alumnado, PAS e PDI), 5 € de desconto en calquera das cotas ds servizos ofertados polo centro.
As persoas asociadas poderán asistir a todos os centros abertos de BOX 004 en Galicia (Marín, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
4. Máis información e contacto
Páxina web: www.box004.com/centros
Instagram: @box004
Persoas cun abono mUVer ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de bicicletas
Poderase reservar praza por internet, cun máximo de 48 horas de antelación.
1. Descrición da actividade
Clase orientada ao fortalecemento da zona abdominal e lumbar, que actúa de faixa protectora dos órganos internos. Ademais, trabállase a estabilización pelviana e da columna cun control específico da respiración durante a execución dos exercicios propostos.
2. Persoas destinatarias
Persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
3. Reserva previa: é necesario reservar praza para cada unha das clases.
1. Descrición: o cross training consiste nunha sesión de adestramento de alta intensidade na que se combina exercicios de forza e de resistencia cardiovascular.
3. Reserva de prazas: debe realizar nesta aplicación unha reserva de praza para cada sesión. Pode facelo cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase. No caso de que finalmente non poida asistir, lembra anular a súa reserva de sesión.
É unha disciplina fitness enfocada por unha banda a manter un corpo saudable e por outra a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.
1. Quen pode pertencer ao equipo?
- Todas as persoas que perteñezan á comunidade universitaria da Universidade de Vigo
- Os e as cónxuxes e fillos e fillas do PAS e do PDI maiores de 18 anos.
- As persoas ex-traballadoras ou ex-alumnas da Universidade de Vigo.
Debido ao carácter popular e saudable desta iniciativa non é necesaria unha determinada condición física inicial para pertencer ao equipo, só gañas de adestrar e gusto pola carreira a pé.
2. Vantaxes
- Representar á Universidade de Vigo en competicións deportivas populares.
- Participar nos adestramentos do equipo dirixidos por un adestrador de atletismo cualificado.
- Obtención da equipación do equipo de carreiras populares (no caso de cumprir os criterios mínimos de asistencia e participación).
3. Organización dos adestramentos
Desenvolveranse dúas sesións semanais de setembro a xuño coa presenza do adestrador do equipo de atletismo no parque de Castrelos (martes e xoves de 19.00 h a 21.00 h). Ademais destas sesións presenciais, o adestrador programará tamén un traballo adicional en sesións non presenciais para aquelas persoas que así o demanden.
4. Máis información
Contacta na dirección de correo electrónico atletismo@uvigo.gal ou a través da páxina de facebook do equipo.
Persoas cun abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de praza
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos días nos que se imparta esta actividade. Para reservar debes ir a miña conta / histórico / entradas / nova sesión.
1. Descrición: o jiu jitsu é un arte marcial e sistema de defensa persoal que se centra principalmente na loita corpo a corpo no chan e na utilización de luxacións, estrangulamentos, inmovilizacións e derribos.
- Fortaleza: as asanas tonifican cada parte do corpo.
- Resistencia: a práctica regular incrementa a capacidade de traballo.
- Flexibilidade: un corpo novo mantense e restablécese a través dun correcto estiramento.
- Postura: mentres se equilibran o ton e a flexibilidade, establécese unha postura ergueita e sen esforzo.
- Enerxía: a mellora do funcionamento glandular e a relaxación profunda déixante fresco e acougado.
- Saúde: un estado de benestar consistente experiméntase cando a mente e o corpo están equilibrados. Mellora da circulación sanguínea.
Prácticaremos un estilo de ioga suave (Hatha) e Yin Ioga, onde equilibraremos enerxías (Yin e Yang) e darémoselle ao corpo a calma necesaria para elongar e estirar texidos conectivos (fascia, tendóns...) gañando flexibilidade e rango de movemento.
2. Persoas destinatarias: Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
3. Inscrición e reserva: Non é imprescindible a reserva previa en cada unha das clases. As prazas de cada sesión que non se reserven previamente por internet outorgaranse por orde de chegada.
1. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva previa: é necesario realizar unha reserva de praza para cada unha das clases.
3. Recoñecemento créditos ECTS:
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar o certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
As entradas multideporte permítenlle o acceso puntual ás instalacións deportivas a aquelas persoas sen abono.
Cada entrada permitirá un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás salas cardio-fitness, ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao rocódromo (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades ás que teñen acceso as persoas con abono. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
Existen tamén bonos multideporte de 5 ou 10 usos, cunha caducidade dun ano.
As entradas multideporte permítenlle o acceso puntual ás instalacións deportivas a aquelas persoas que non teñen abono.
Tamén existen bonos multideporte de 5 ou 10 usos, cunha caducidade dun ano.
Cada entrada permitirá un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao muro de escalada (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades dirixidas ás que teñen acceso as persoas con abono muver. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos dias nos que se imparta esta actividade.
O Campus de Pontevedra conta cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness no interior do pavillón universitario.
Normativa de acceso e uso:
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- A cabida máxima deste espazo é de 12 persoas. No caso de verse superado nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación é de 16 anos.
- O uso da máscara será obrigatorio durante todo momento, incluíndo durante a realización do exercicio.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
O Campus de Ourense conta cunha sala cardio-fitness no interior do pavillón universitario completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- A cabida máxima deste espazo é de 45 persoas. No caso de verse superado nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
O Campus de Vigo conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- No caso de verse superada a cabida máxima nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
O CDU BeOneOurense é unha instalación deportiva sita no Campus Universitario s/n, 32004. Está xestionada pola empresa BeOne. e conta cunha piscina de 20 m, unha sala de actividades dirixidas e unha sala cardio-finess.
A comunidade universitaria pode acceder a esta instalación a través dos abonos combinados do Servizo de Deportes ou directamente facéndose socio ou socia do CDU BeOne Ourense.
> Persoas socias do CDU BeOne Ourense - Para consultar toda a información sobre esta instalación, visita a súa web: BeOne CDU Ourense
O Centro Deportivo Universidade de Vigo é unha instalación deportiva sita no Campus Lagoas - Marcosende. Está xestionada pola empresa Instinto Deportivo S.L. e ofrece prezos especiais para a comunidade universitaria e conta cunha piscina de 20 m, unha sala de actividades dirixidas, unha sala de spinning, unha sala cardio-finess, unha pista de squash, sauna e jacuzzi.
Contacto e máis información:
Páxina web: Instintodeportivo/vigo
Tel.: +34 986 468 531
Correo electrónico: cdu@instintodeportivo.net
Enderezo: Complexo Deportivo Universidade de Vigo. Ctra. Marcosende s/n. C. P. 36310 Vigo (Pontevedra).
Características técnicas das instalacións
- Instalación: piscina
- Ano de apertura: 2004
- Dimensións (m2): 652,6 (20 m de longo)
- Tipo de pavimento: baldosa e gres
- Modalidades deportivas: natación e outras modalidades acuáticas
- Localización: Complexo deportivo Uvigo
- Cabida deportistas: 30
- Cabida público xeral: 76
- Vestiarios: si
- Medidas COVID-19: si (estipuladas no DOG)
- Instalación: pista de squash
- Dimensións (m2): 124
- Tipo de pavimento: tarima flotante
- Modalidades deportivas: squash
- Cabida deportistas: 4
- Cabida público xeral: non aplica
- Instalación: sala de actividades dirixidas
- Dimensións (m2): 153,35
- Tipo de pavimento: vinilo
- Cabida deportistas e público xeral: 30
- Instalación: sala cardio-fitness
- Dimensións (m2): 185
- Modalidades deportivas: cinta de correr, bicicleta elíptica, pesos e outras
- Cabida público xeral: 5
- Instalación: sala ciclo-indoor
- Dimensións (m2): 21,32
- Modalidades deportivas: ciclismo na sala (spinning)
- Cabida deportistas e público xeral: 15