O abono básico da acceso ao uso das pistas de atletismo e aos vestiarios das instalacións deportivas xestionadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte nos campus de Ourense e Vigo. Este tipo de abono é de carácter gratuíto para toda a comunidade universitaria da UVigo.
O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Consulta os períodos e horarios xerais de apertura
Vantaxes do abono
- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
- Valoración antropométrica.
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.
Vantaxes do abono: