1. Información xeral
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web ("Nova alta en colectivo especial")
4. Máis información e contacto
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).