1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
2. Persoas destinatarias
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición entre o 4 e o 12 de setembro cubrindo o seguinte formulario na web do Club Peña Trevinca. Unha vez feito e recibida a confirmación da praza, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse nesta actividade no campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que así non lles sexa necesario federarse.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (28 €/mes grupo infantil-xuvenil e 36 €/mes resto de grupos).
1.- Distancia: 16 km aproximadamente.
2.- Itinerario: Ruta circular Castro de Abaixo – Torbeo – A Cubela – val do Sil – Castro de Abaixo (Ribas de Sil), sobre o trazado do sendeiro homologado PR-G 180.
3.- Dificultade: Media (desnivel acumulado importante, arredor de 700 m).
4.- Descrición:
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 9.15, Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 9.15 e Vigo (rúa do Areal, nº46) ás 9.40.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
1.- Distancia: 15 km aproximadamente.
2.- Itinerario: Ruta circular por Campo Lameiro: val do río Maneses, Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre e contorna do río Lérez.
3.- Dificultade: Media.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (rúa do Areal, nº52).
7.- Recomendacións: Levar calzado (Goretex) e roupa apropiada para camiñar por sendeiros nos que atoparemos algo de auga nalgúns treitos do percorrido, sendeiro do río do Té así como muda para cambiarse ao final da ruta. Tamén aconsellamos levar bastóns de trekking para os diversas zonas de raíces (entre km 2,5 e 7,2). Lembrar ás participantes que poden deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada. Recomendación como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas, ao criterio das usuarias.
1.- Distancia: 17 km aproximadamente.
2.- Itinerario: Ruta lineal Esgos – Tarreirigo – Os Gozos, seguindo o curso do río Grañal.