1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
2. Persoas destinatarias
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición entre o 5 e o 12 de setembro cubrindo o seguinte formulario na web do Club Peña Trevinca. Unha vez feito, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse na actividade do campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que así non lles sexa necesario federarse.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (27 €/mes grupo infantil-xuvenil e 35 €/mes resto de grupos).