O abono básico da acceso ao uso das pistas de atletismo e aos vestiarios das instalacións deportivas xestionadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte nos campus de Ourense e Vigo. Este tipo de abono é de carácter gratuíto para toda a comunidade universitaria da UVigo.
O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Vantaxes do abono
- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
- Valoración antropométrica.
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.
1. Condicións para ser considerado deportista nivel intermedio
Terá esta consideración o estudantado da Universidade de Vigo incluído nalgún dos seguintes supostos:
2. Duración da consideración de deportista de nivel intermedio:
Esta consideración terá validez durante o curso académico no que se teña solicitado ata o curso académico inmediatamente posterior. A condición de deportista universitario de nivel intermedio perderase cando estas persoas deixen de cumprir os requisitos establecidos no punto 1, cando incumpran os deberes establecidos no Estatuto do Estudantado Deportista ou á finalización do curso académico correspondente.
3. Dereitos
As persoas deportistas universitarias de nivel intermedio gozarán das seguintes vantaxes:
4. Deberes:
1. Condicións para ser considerado deportista de elite
Terán a condición de deportista de alto nivel aquelas persoas que estean matriculadas en estudos oficiais de grao ou posgrao na Universidade de Vigo e que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
2. Duración da consideración de deportista de elite:
Esta consideración terá validez durante o curso académico no que se teña solicitado. A condición de deportista universitario de alto nivel perderase cando estas persoas deixen de cumprir os requisitos establecidos no punto 1, cando incumpran os deberes establecidos no Estatuto do Estudantado Deportista ou á finalización do curso académico correspondente
As persoas deportistas universitarias de elite gozarán das seguintes vantaxes: