Duración: 30 horas (6 sesións de 4 horas + 6 horas de traballo non presencial)
Prazo de matrícula: do 10 ao 17 de setembro de 2026
Prazas ofertadas: 30
Mínimo inscricións requiridas: 24
Obxectivos principais:
Desenvolvemento do curso:
Datas: luns 21 e 28 de setembro, 5, 19 e 26 de outubro e 2 de novembro de 2026
Horario: de 16:00 a 20:00 h,
Lugar de celebración: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo
Nas actividades presenciais realizaranse actividades para que, unha vez expostas as introducións teóricas, as persoas asistentes podan afianzar os coñecementos adquiridos, póndoos en práctica.
Nas actividades non presenciais realizarase un proxecto práctico no que os estudantes aplicarán o apreso para utilizar IA xenerativas na redacción dun Traballo de Fin de Grao (TFG). Este proxecto integrará todos os coñecementos e habilidades desenvolvidas ao longo do curso, demostrando o valor práctico das IA xenerativas nun contexto académico real.
Bloque 1: Introdución
Perspectiva histórica da intelixencia artificial (IA), diferenciando claramente o que constitúe IA e o que non. Introducirase o concepto de IA xenerativas, preparando aos estudantes para comprender a súa evolución e potencial.
Bloque 2: ChatGPT e Aplicacións Prácticas
Aprender a configurar e utilizar ChatGPT de maneira efectiva. Profundar no "prompt engineering" e en como interactuar con ChatGPT para obter resultados desexados. Explorar diversas aplicacións de ChatGPT tanto no ámbito persoal (planificación de tarefas,estudo de idiomas, xestión da alimentación,..) como no profesional incluíndo a creación de presentacións e documentos. Examinar as extensións dispoñibles para ChatGPT.
Bloque 3: ChatGPT como Apoio nos meus estudos
Demostrar como ChatGPT pode ser unha ferramenta valiosa no contexto académico. Aprender a utilizar ChatGPT para redactar traballos, estudar materias e documentar introducións ou estados da arte nas súas investigacións. Discutirase a importancia de utilizar IA xenerativas de maneira ética e evitando o plaxio.
Bloque 4: Xeración de Imaxes
Explorar a capacidade das IA para xerar imaxes. Aprender técnicas de "prompting" específicas para a creación de imaxes e como estas poden mellorar as presentacións académicas e profesionais.
Proxecto Final: Utilización de IA Xenerativas para a Redacción dun TFG
O curso culmina cun proxecto práctico no que as persoas participantes aplicarán o apreso para utilizar IA xenerativas na redacción dun Traballo de Fin de Grao (TFG). Este proxecto integrará todos os coñecementos e habilidades desenvolvidas ao longo do curso, demostrando o valor práctico das IA xenerativas nun contexto académico real.
Docente: Pedro Orgeira Crespo (Escola Enxeñaría Aeronáutica- Universidade de Vigo).
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1,2 crédito ECTS para as ensinanzas de grao. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Prazo de matrícula: do 14 ao 20 de setembro de 2026
Datas: mércores 23 e 30 de setembro, 7, 14, 21 e 28 de outubro de 2026
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Lugar de celebración: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Actividades presenciais (24 horas)
Impartiránse os coñecementos incluídos no temario do programa
Actividades non presenciais (6 horas)
Traballo autónomo: repaso dos contidos tratados nas clases a través da entrega de traballo individual en Moovi.
Docente: Antonio Fernández Álvarez (Escola de Enxeñaría Industrial- UVigo- sede campus)
Prazo de matrícula: do 15 ao 22 de setembro de 2026
Este curso pretende que o estudantado se desenvolva coas ferramentas ofimáticas Office de Microsoft para afrontar a elaboración de documentos profesionais como o propio Traballo de Fin de Grao, Traballo de Fin de Mestrado etc.
Datas: venres 25 de setembro, 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro de 2026
Impartiránse os coñecementos incluídos no temario do programa.
Docente: Guillermo Rey González ( Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo- UVigo).
Prazo de matrícula: do 15 ao 22 de outubro de 2026
Este curso pretende dotar ao alumnado dos fundamentos de deseño 3D, de forma colaborativa. Abórdanse conceptos relacionados coa elaboración de esbozos, planos, ensamblaxes, etc. Aprenderás a deseñar con Autocad desde cero ata alcanzar un nivel de usuario medio.
Datas: martes 27 de outubro, 3, 10, 17 e 24 de novembro e 1 de decembro de 2026
Lugar de realización: Sala eDestrezas do Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Traballo Autónomo: consisitirá na realización dun proxecto
Docente: Antonio Ballesteros Pazó (Efenga)
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1,2 créditos ECTS para as ensinanzas de grao. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Prazo de matrícula: do 30 de outubro ao 6 de novembro de 2026
Mínimo de inscricións requiridas: 24
Proporcionar as nocións básicas para afrontar un traballo de deseño gráfico
Mostrar o funcionamento das principais ferramentas de debuxo vectorial (Illustrator) e tratamento de imaxe dixital (Photoshop).
Datas: mércores: 11, 18, 25 de novembro, 2, 9 e 16 de decembro de 2026.
Impartiránse os coñecementos incluídos no temario do programa. Cada sesión afonda nun tema importante para o deseño gráfico, faise un percorrido polas principais ferramentas de Illustrator e Photoshop relacionadas coa temática e proponse unha práctica
Traballo Autónomo:
Actividade 1: Creación dunha tarxeta de visita
Actividade 2: Deseño dun cartel publicitario
Actividade 3: Realización dunha fotomontaxe
Actividade 4: Elaboración de póster estilo pop art
Actividade 5: Maquetación da portada dunha revista
Actividade 6: Proposta de branding persoal
Docente: Tania Sueiro Graña. (Área de Imaxe- Fundación Universidade de Vigo).
Prazo de matrícula: do 27 de outubro ao 2 de novembro de 2026
Minimo inscricións requiridas: 24
Tras este curso as persoas asistentes sentiranse familiarizadas co uso da ferramenta ofimática Excel. Traballaranse conceptos relacionados con operacións e funcións básicas e avanzadas, gráficos, análise de datos, vinculación con outras ferramentas de Office, etc.
Datas: venres 6, 13, 20 e 27 de novembro e 4 e 11 de decembro de 2026
Actividades presenciais (24 horas):
Actividades non presenciais (6 horas):
Docente: Guillermo Rey González Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Coñecer o estado actual da industria de producción de música e as súas oportunidades.
Coñecer e aplicar de xeito práctico os procesos de producción de música tanto no eido do son orgánico/analóxico como no do electrónico/dixital.
Visión xeral do sector. Estudo de casos.
Produción musical, gravación, daws, plugins, procesos básicos e avanzados en home studio.
Produción musical avanzada en estudio de gravación. Xestión de proxectos profesionais.
Gravación e produción de música orgánica/acústica.
Produción de música electrónica/dixital. Técnicas e recursos.
IAs para produción musical.
Proxecto grupal en estudo de gravación I.
Proxecto grupal en estudo de gravación II.
Proxecto individual en home studio I.
Proxecto individual en home studio II.
Conseguir que as e os asistentes adquiran unha base de coñecementos que lles permita ter unha visión xeral dos moldes, das súas características e das súas aplicacións.
Favorecer a asimilación dos contidos do curso de forma próxima á realidade, de modo que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil.
Fomentar a cooperación e o traballo en equipa.
Desenvolver e explorar a técnica de realización de moldes, e as súas posibilidades.
Coñecer os procesos básicos de elaboración de moldes con escaiola.
Realizar un proxecto de molde, deseñado para a peza de cada participante.
Realizar a reprodución das pezas co molde.
Expoñer distintos acabamentos das pezas.
Introdución á técnica de transferencia de imaxes sobre soportes cerámicos, traballando a partir de fotografías, así como de imaxes dixitais e debuxos de intervención directa.
Analizar as necesidades de cada Imaxe para a súa mellor adaptación ás distintas técnicas, preparando diferentes matices, e vendo distintos métodos de estampacións.
Taller ce carácter experimental e creativo no que se explicarán técnicamente os diferentes métodos de transferencia, realizando demostracións e propoñendo exercicios creativos a partir de imaxes.
Conseguir que as persoas asistentes aquiran unha base de coñecemento que lles permita ter unha visión xera de transferencias de imaxes sobre soportes cerámicos.
Favorecer a asimilación dos contidos do curso de xeito que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil.
Formentar a cooperación e o traballo en equipo.