Duración do curso: 30 horas
Descrición: O curso ten como obxectivo principal analizar a cultura romántica de Occidente dende unha perspectiva multidisciplinar e entender a súa dimensión política, económica e social. É un curso aliñado cos ODS: o obxectivo 5 que pretende acadar a igualdade de xénero e erradicar a violencia contra as mulleres.
Programa detallado
Directora e docente do curso: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición:
- Analizar a creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunha obra ou produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores.
- Contar con profesionais do sector das industrias culturais e creativas con máis pulo de Galicia, en diversos aspectos creativos (dirección, guión, produción, fotografía, música, etc.), e vinculados ás industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación.
- Estudar distintos formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.
- Realizarase un taller de produción audiovisual, baixo o título “Celanova, plató de ficción”, desenvolvido polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
Dirección: Miguel Anxo Fernández Fernández e Paulino Pérez Feijóo
Este curso ten unha duración de 36 horas
Descrición: Coñecer a lingua de signos española, recoñecida como patrimonio cultural inmaterial (en liña cos ODS10 e 16: redución das desigualdades , cidades e comunidades sostibles). Promover unha educación de calidade para o alumnado xordo ( en liña co ODS4: educación de calidade ). Poñer en valor á comunidade xorda, a súa cultura e lingua (en liña co ODS10 e 16: redución das desigualdades, cidades e comunidades sostibles). Promover a equidade como proxecto social a partir do concepto ecolóxico da discapacidade (en liña cos ODS5 e 10: igualdades de xénero, redución das desigualdades). Presentar a filosofía da vida independente (en liña co ODS3:saúde e benestar)
Director: Rubén González Rodríguez
Descrición: Curso destinado e deseñado para estudantes universitarios que teñan a inquedanza de dirixir e coñecer o liderado de áreas, proxectos e persoas.
Partimos do coñecemento das emocións humanas; desenvolvemos o modelo de intelixencia emocional e identificamos e traballamos as competencias emocionais clave para dirixir e liderar con efectividade un equipo de profesionais.
A esencia desta formación baséase nun enfoque innovador que fusiona a importancia das emocións no noso comportamento e a intelixencia emocional e social aplicada ao rol laboral, directivo ou emprendedor. O curso MOTIVANDO-T, é un curso, que ten por obxectivo motivar, comunicar, traballar en equipo, valorizar o entorno e promover a divulgación universitaria de competencias transversais.
Neste curso, compartiremos unha película, un concerto ou unha conferencia dun coach profesional, para pór experiencias en valor e valorar o noso comportamento en determinadas ocasións.
Directora e docente do curso: Mónica Legaspi Díaz
Duración do curso: 35 h
Este curso é continuación dos que foron ofertados na programación de cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense nos anos 2023 e 2024 co mesmo título "Ourense no tempo: Historia Arte e Tradicións", con 40 estudantes matriculados de media e unha boa avaliación por parte dos asistentes.
Temática: Este curso ofertado no campus de Ourense impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema. O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte,a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos como artísticos e etnográficos. Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados polo centro da cidade de Ourense e lugares históricos e arqueolóxicos das comarcas da Allariz e Valdeorras.
Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Programa do curso
Director do curso: José Ramón Campos Álvarez
Descrición: O curso permitirá coñecer as novas estratexias e recursos que se están a actualizar no sistema educativo. O alumnado descubrirá o impacto da intelixencia artificial na práctica docente; as oportunidades e recursos de formación; prácticas de actualización e investigación na aula; aprendizaxe baseada en proxectos, a aula invertida e a Design Thinking; as experiencias innovadoras e as estratexias para a configuración dunha escola que de resposta á dimensión social. Os obxectivos do curso son os seguintes: - Analizar o impacto da intelixencia artificial na educación e a súa integración no traballo educativo. - Coñecer as ferramentas tecnolóxicas da intelixencia artificial e o seu impacto nas estratexias didácticas para mellorar a aprendizaxe. - Analizar experiencias innovadoras e estratexias para dinamización da formación continua do profesorado. - Coñecer e aplicar metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos, a aula invertida e a Design Thinking. - Descubrir experiencias innovadoras prácticas. Especial referencia a propostas activas na escola rural. - Coñecer a rede de formación dos Centros de Formación e Recursos (CFR) e a súa incidencia na actualización docente e na transformación educativa. - Analizar os fundamentos da investigación en educación, abordando metodoloxías cualitativas e cuantitativas. - Analizar programas e estratexias socioeducativas para a equidade e a inclusión social.
Este curso de extensión ten unha duración de 30 horas .
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Descrición: Os obxectivos temáticos do curso son os seguintes: Adquirir coñecementos xerais dos fundamentos do termalismo. Coñecer a estrutura dos diferentes centros termais de Extremadura, Portugal e Galicia. Analizar e interpretar a relación existente entre os distintos centros termais e as técnicas e produtos empregados en cada establecemento. Analizar o punto de vista das institucións locais e rexionais do termalismo. Realizar prácticas de aplicación das técnicas termais empregadas nos distintos centros termais. Capacidade para coñecer e manexar os diferentes conceptos usados no termalismo. Coñecer o uso sostible e protección dos recursos termais para o turismo de saúde.
Este curso de extensión ten unha duración de 47 horas .
Directores: José Luis Legido Soto e Elisa Alén González