Fin prazo de inscrición: 25 de agosto de 2026
REQUISITOS BÁSICOS
Preferencias polo ámbito clínico e tecnolóxico, con coñecementos de ambos.
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO
Revisar a anatomía e fisioloxía do aparello cardiovascular.
Todo o obradoiro terá moi presente a posibilidade de incorporar a intelixencia artificial (IA) nos conceptos impartidos.Obradoiro de electrocardiografía. Algoritmo de actuación no síncope: oportunidades para a intelixencia artificial (IA).
Recoñecer e identificar por ECG o tipo de Bradicardia e Taquicardia. Oportunidades en IA. Diferenciar e filiar unha dor torácica segundo as súas características. Coñecer o manexo dos síndromes coronarios agudos na actualidade. Diferenciar e filiar a disnea segundo as súas características. Algoritmo de actuación no tromboembolismo pulmonar agudo. Oportunidade para a IA. Coñecer as indicacións e contraindicacións dos grupos farmacolóxicos máis utilizados. Oportunidades de IA. Recoñecer as peculiaridades psicolóxicas dunha situación de urxencia e aprender a manexala.
Coñecer as causas máis frecuentes de parada cardíaca. Practicar o algoritmo de actuación na reanimación cardiopulmonar básica e posición lateral de seguridade. Incorporar coñecementos de tecnoloxía sanitária no entorno cardiovascular.
Docentes: Marisol Bravo Amaro, Laura Arnaiz Betolaza, Elisa Blanco González, Rafael Cobas Paz, Mónica Pardo Fresno, Elvis Teijeira Fernández, Pilar Cabanas Gandío, Saleta Fernández, Francisco Calvo Iglesias, Inmaculada González Bermúdez, María Torres Durán, Nicolás López Canoa, David Dobarro Pérez, Manuel Barreiro Pérez, Pablo Domínguez Erquicia, Berenice Caneiro, Lucía Riobó Lestón, Sergio Raposeiras Rubin
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O estudantado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
O obxectivo deste Obradoiro e adquirir unha visión xeral de todos os elementos que componen un sistema espacial, retos e beneficios que levan asociados estes sistemas.
Docentes: Guillermo Calvo Hermo, Manuel Diz Folgar, Ezequiel Andrés Rguez Bracamonte, Sergio Benjamín Rguez López, Miguel de Otaola Savio, Marco Merino Teijeiro, Hugo Lario Citoula, Pablo Fernández Fdez, Martín Zamora Rguez,
Fin prazo de inscrición: 15 de setembroo de 2026
Docentes: Iria Vázquez López, Olga Cameselle, Susana Garrido, Macarena Montesinos, Marco Maril, María Rodríguez
Fin prazo de inscrición: 15 de setembro de 2026
Portátil propio
Obradoiro práctico orientado a persoas con coñecementos básicos de programación electrónica;
- Comprender os fundamentos da robótica: cinemática básica, actuadores e sensórica.
- Programar comportamentos autónomos en microcontroladores Arduino/ESP32 usando C/C++.
- Deseñar e imprimir en 3D a estrutura mecánica dun robot desde cero.
- Integrar sensores de proximidade, seguimento de liña e visión básica.
- Controlar motores DC, servomotores e drivers de potencia.
- Desenvolver un proxecto final de robot funcional: seguidor de liña ou brazo articulado.
O obradoiro divídese en dúas partes:
1. Mecánica e electrónica: deseño 3D e impresión da estrutura, motores e drivers, servomotores, sensores de distancia e liña, integración electrónica.
2. Programación e comportamento: C/C++ para robótica, máquinas de estados, control PID básico, comunicación serie e proxecto final con demostración pública.
Docentes: Yago González Puente, Fernando Flores García,
Fin prazo de inscrición: 17 de xuño de 2026
Durante as 4 semanas do curso (8 sesións de 4 horas cada unha) realizarase unha aproximación a sete arquetipos femininos no xénero do terror:
Docente: Xiana Vázquez Bouzó