1.- Entidade organizadora: Universidade de Vigo
2.- Lugar: Campus de Pontevedra.
3.- Modalidades: a competición disputarase nas categorías feminina e masculina.
4.- Participantes: poderá participar 1 equipo de cada universidade galega que deberá estar formado por alumnado, PAS ou PDI. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada un dos equipos.
5.- Equipo representativo da Uvigo: a selección da Universidade de Vigo conformarase segundo as condicións e criterios establecidos pola Comisión de Extensión Universitaria para a participación en competicións interuniversitarias. Ver os arquivos actualizados que se achegan ao pé desta páxina.
6.- Recoñecemento de créditos ECTS: a participación nun Campionato Galego Universitaro recoñecerase a cada alumno/a con 7,5 h ECTS.
1.- Entidade organizadora: Universidade de Vigo.
2.- Lugar: Campus de Pontevedra
1.- Entidade organizadora: Universidade de Santiago de Compostela
2.- Lugar: Santiago de Compostela
3.- Participantes:
- Poderá participar calquera persoa pertencente á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada nadador/a.
- Non poderán participar máis de 4 nadadores/as dunha universidade por proba. No caso de haber mais solicitudes que prazas, priorizarase en función da marca que cada persoa acredite na dita proba.
- Cada universidade poderá inscribir dous equipos por cada proba de remudas.
- Cada nadador/a poderá participar como máximo en dúas probas individuais.
- Non se poderá mudar a inscrición durante o transcurso da competición.
- Cada proba deberá ter como mínimo tres persoas inscritas. De non ser así, poderase eliminar do programa.
4.- Probas:
- 4*50 Libres masculinos - 4*50 libres femininos - 50 bolboreta masculino - 50 bolboreta feminino - 50 costas masculino - 50 costas feminino - 50 braza masculinos - 50 braza feminino - 50 libres masculino - 50 libres feminino - 200 libres masculinos - 200 libres femininos - 100 bolboreta masculino - 100 bolboreta feminino - 100 costas masculino - 100 costas feminino - 100 braza masculino - 100 braza feminino - 100 libres masculino - 100 libres feminino - 100 estilos masculinos - 100 estilos feminino - 4*50 estilos masculino - 4*50 estilos femininos.
5.- Regulamento: pendente de publicación
6.- Recoñecemento de créditos ECTS A participación nun Campionato Galego Universitaro recoñecerase a cada alumno/a con 7,5 h ECTS.
1. Organizador: Universidade da Coruña.
2. Lugar: A Coruña
3. Participantes
Poderá participar calquera persoa que pertenza á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada particimante. Haberá categoría masculina, feminina e unha terceira de iniciación mixta non competitiva.
4. Percorrido
A competición disputarase na modalidade individual diúrna de tipo individual e contra reloxo, de distancia media e con visita obrigatoria dos controis na orde indicada.
5. Clasificacións
Estableceranse clasificacións feminina, masculina e por universidades.
6. Recoñecemento de créditos ECTS
A Universidade de Vigo recoñecerá a participación nun Campionato Galego Universitario con 7,5 h ECTS.
7. Regulamento
Publicarase como arquivo adxunto.
1.- Organizador: Universidade de Vigo
2.- Lugar: Vilagarcía de Arousa.
3.- Participantes: poderá participar calquera persoa pertencente á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas en tripulacións mixtas de 3 ou 4 persoas e sen número máximo por Universidade.
4.- Inscrición: na Universidade de orixe de cada deportista. As da Universidade de Vigo farano nesta mesma web.
5.- Tipo de embarcacións: barcos ELLIOT de 6 m. proporcionados pola organización
6.- Sistema de competición:
7.- Recoñecemento de créditos ECTS: a Universidade de Vigo recoñecerá a participación nun Campionato Galego Universitario con 7,5 h ECTS.
8.- Regulamento técnico: pendente de publicación
Responsable da actividade: Óscar Ferreras. Director Deportivo do Vigo Rugby Club
Breve descrición da actividade:
Actividade de iniciación ao Rugby Seven para persoas universitarias.
Obxectivos:
Promocionar o rugby entre a comunidade universitaria do campus de Vigo e captar xogadoras e xogadores para o equipo universitario de rugby do Campus.
Metodoloxía:
Os temas a tratar nesta actividade son conceptos básicos do Rugby:
1. Descrición da actividade
- Fortaleza: as asanas tonifican cada parte do corpo.
- Resistencia: a práctica regular incrementa a capacidade de traballo.
- Flexibilidade: un corpo novo mantense e restablécese a través dun correcto estiramento.
- Postura: mentres se equilibran o ton e a flexibilidade, establécese unha postura ergueita e sen esforzo.
- Enerxía: a mellora do funcionamento glandular e a relaxación profunda déixante fresco e acougado.
- Saúde: un estado de benestar consistente experiméntase cando a mente e o corpo están equilibrados. Mellora da circulación sanguínea.
Prácticaremos un estilo de ioga suave (Hatha) e Yin Ioga, onde equilibraremos enerxías (Yin e Yang) e darémoselle ao corpo a calma necesaria para elongar e estirar texidos conectivos (fascia, tendóns...) gañando flexibilidade e rango de movemento.
2. Persoas destinatarias: Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
3. Inscrición e reserva: Non é imprescindible a reserva previa en cada unha das clases. As prazas de cada sesión que non se reserven previamente por internet outorgaranse por orde de chegada.
1. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva previa: é necesario realizar unha reserva de praza para cada unha das clases.
3. Recoñecemento créditos ECTS:
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar o certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
PILATES FUSIÓN – ACTIVA O TEU CORPO, CONECTA CONTIGO
A Universidade de Vigo convídate a descubrir unha forma diferente de adestrar coa nosa actividade de Pilates Fusión, unha combinación dinámica de pilates, mobilidade e exercicios funcionais pensados para mellorar o teu benestar físico e mental.
Non necesitas experiencia previa, só roupa cómoda e ganas de coidarte.
Pilates Fusión é o equilibrio perfecto entre corpo e mente, ideal para desconectar do día a día mentres te pos en forma.
Respira, móvete e síntete mellor. Agardámoste!
1. Persoas destinatarias:
Terán prioridade as persoas pertencentes á comunidade universitaria e á comunidad Alumni Uvigo. No caso de quedar prazas libres ao remate do prazo de inscrición, abrirase para o resto de persoas interesadas.
2. Inscricións:
- Realizar a inscrición nesta web.
- O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
A organización poderá modificar o grupo de inscripción do usuario por un criterio de nivel.
3. Recoñecemento de horas ECTS
- Recoñeceranse ata 30 horas ECTS polo nivel de iniciación e 30 horas polo de perfeccionamento. Os interesados deberán acreditar a asistencia na conserxería. Estas horas poderán acadarse unha soa vez por cada nivel.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
1.- Descrición
Escola deportiva de tenis de iniciación e perfeccionamento. Non son necesarios coñecementos previos. Cada alumno deberá traer a súa propia raqueta.
2. Persoas destinatarias
3. Inscricións
4. Información adicional
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico. Estas horas son incompatibles coas da pertenza ao equipo federado.
A Universidade de Vigo conta cunha sección federada de tenis no Campus de Vigo.
1. Persoas destinatarias
O equipo está aberto ás persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo (alumnado, PDI e PAS) ou tituladas por esta e cun nivel medio-alto de práctica no tenis. Ata un máximo do 33 % das persoas integrantes poderán ser alleas á comunidade universitaria.
2. Vantaxes
- Participar nos adestramentos da seccion deportiva e nas competicions por equipos representando á Uvigo.
- Uso gratuíto da pista de atletismo e da sala cardio-fitness (esta última só nos seguintes horarios: luns a xoves entre 08.30 h - 10:30 h, 13.30 h - 18.00 h e 21.00 h - 22.30 h e os venres de 08.30 h a 22.30 h).
3. Procedemento de inscrición no equipo
Contacta en primeiro lugar coa persoa responsable desta seccion para que faga unha valoración do teu nivel deportivo. A continuación fai unha pre-inscrición a través desta web. A Área de Benestar, Saúde e Deporte revisará a solicitude e, no caso de ser aceptada, procederá á confirmación da túa inscrición.
Persoas con abono mUVer.
2. Prezos
A actividade será gratuíta para as persoas con abono muver. O 14 e o 21 de setembro serán xornadas de portas abertas para a comunidade universitaria onde poderán probar de balde a actividade.
3. Inscrición e rexistro
As persoas interesadas deben inscribirse nesta web para as xornadas de portas abertas. O dia 22 de setembro abrirase o prazo para a inscricion do 1º cuadrimestre, o día 27 de xaneiro abrirase o prazo para a inscrición do 2º cuadrimestre.
4. Asistencia e recoñecemento de créditos
- Durante o curso rexistrase a asistencia a cada adestramento na conserxería do pavillón. As ausencias non xustificadas á actividade poderán resultar na perda da praza.
- Unha vez que se remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.