A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no pavillón universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais
- Podes acceder a este servizo a través do abono mUVer ou das entradas multideporte.
- A bicicleta préstase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso está limitado ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas - Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas no circuíto de carreira a pé.
- Debe facerse un uso correcto da bicicleta, hai que devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu. De non ser así, aplicarase o establecido na normativa da Universidade.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria debe utilizar a mangueira sita na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
1. Información xeral
O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha entidade independente da Universidade de Vigo coa que se mantén unha relación de colaboración para a promoción das actividades de montaña e no medio natural (escalada, montañismo, sendeirismo, alpinismo, esquí...) entre a comunidade universitaria. Entre estas actividades están incluídas a práctica da escalada como deporte federado, a dirección das seleccións universitarias de escalada, o desenvolvemento de cursos de iniciación e perfeccionamento ou a organización de xornadas e eventos de promoción desta modalidade deportiva.
2. Participación nas actividades do club
Para participar nas actividades organizadas polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia deberás poñerte en contacto directamente coa entidade para informarte das condicións, requisitos, horarios, tarifas, etc. As persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo disporán das seguintes vantaxes con respecto das condicións xerais ofertadas polo club:
- Posibilidade do pagamento fraccionado semestralmente da cota de persoa socia
- Acceso a actividades do club reservadas en principio só para as persoas socias (unha ao ano).
3. Convenio de colaboración
Os termos concretos da colaboración entre ambas entidades recóllense no convenio que se achega ao pé desta web. As persoas con licenza federada polo Club Peña Trevinca que desexen facer uso por libre do muro de escalada da Universidade deberán solicitar previamente a súa acreditación a través desta web ("Nova alta en colectivo especial")
4. Máis información e contacto
Teléfono: 986 420 551 ( de 19.30 h. a 21.30 h.)
Páxina web trevinca.es
Facebook: @Club-Peña-Trevinca-Montañeeiros-de-Galicia
Correo electrónico: info@trevinca.es
Enderezo: rúa Brasil 46 entrechán. Vigo (Pontevedra).
1. Características da oferta
10% de desconto para as persoas pertencentes á comunidade universitaria da Universidade de Vigo sobre a tarifa vixente de 85€/mes.
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
Páxina web: escuelaequitacionsancosme.com
Instagram: @escuelaequitacionsancosme
Tel.: 677 693 171 / 639 149 689
Correo electrónico: alazan@equitacionsancosme.com
Enderezo: Camiño de Erville, 10, 36310 Vigo (Pontevedra)
1. Características da oferta para a comunidade universitaria:
ENTRADAS INDIVIDUAIS A CIRCUÍTOS DE AVENTURA
Circuito Deportivo: 21 €
GRUPOS ORGANIZADOS PARA CIRCUÍTOS DE AVENTURA E ESCOLAS DEPORTIVAS
Grupos a partir de 10 participantes: 18 €
ACTIVIDADES DE TEAMBUILDING
10% de desconto sobre a tarifa xeral para todas as persoas ou grupos da comunidade universitaria
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
Páxina web: www.marikinapark.com
Instagram: @marikinapark
Tel.: +34 644 687 635
Correo electrónico: info@marikinapark.com
Enderezo: Parque Forestal de Beade.Camiño Campaneiro s/n. 36312. Vigo (Pontevedra)