Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes para o ano 2026. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través do seguinte link e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
A Federación Galega de Bádminton e a Universidade de Vigo asinan convenios de colaboración anualmente para promover de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e poboación da contorna.
O programa de actividades durante o curso 2025-2026 inclúe as seguintes actuacións:
1. Escolas deportivas de iniciación ao bádminton
2. Organización e seguimento dun grupo de traballo para a dinamización d bádminton entre a comunidade universitaria.
4. Organización e dirección técnica do equipo da Universidade de Vigo nas competicións interuniversitarias
5. Cursos de monitores/as e de arbitraxe.
6. Competicións e eventos federados
A Federación Galega de Baloncesto e a Universidade de Vigo asinan convenios anuais para o desenvolvemento desta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e a poboación da súa contorna.
Para acadar este obxectivo desenvolveranse as seguintes actividades durante o curso:
1. Organización de competicións universitarias: Internas e Interuniversitarias
2. Cursos de arbitraxe. Iniciación
3. Adestramentos / prácticas mensuais de arbitraxe
4. Aula Permanente de Promoción e Formación en Baloncesto e Arbitraxe.
5. Clinics de formación arbitral.
6. Competicións de minibasket.
7. Concentracións de tecnificación e detección de talentos.
A Federación Galega de Judo e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración con data do 26 de xuño do 2019 para o desenvolvemento desta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e a poboación da súa contorna.
Para acadar este obxectivo poderanse realizar, entre outros, os seguintes tipos de actividades:
1. Información xeral
A Real Federación Galega de Fútbol e a Universidade de Vigo asinan convenios de colaboración anuais para promocionar de xeito conxunto esta modalidade deportiva entre a comunidade universitaria e pre-universitaria.
2. Programa conxunto de actividades
- Cursos de iniciación á arbitraxe.
- Arbitraxes da competición universitaria.
- Adestramentos e prácticas de arbitraxe.
- Aula permanente de promoción e formación na arbitraxe.
- Adestramentos ou encontros das seleccións territoriais ou galegas en idade escolar.
- Acceso das persoas con licenza federada de árbitro da RFGF ás instalacións deportivas universitarias (acreditando previamente a súa condición nesta web).