A Universidade de Vigo conta cunha sección federada de orientación que participa nas modalidades de orientación a pé, orientación en BTT e raid.
1. Persoas destinatarias
Persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo (alumnado, PDI e PAS) e do seu ámbito próximo de influencia.
2. Vantaxes
- Participar nas competicións federadas en representación da Universidade de Vigo
- Uso gratuíto da pista de atletismo e da sala cardio fitness (luns a xoves 08.30 h - 10.30 h, 13.30 h - 18.00 h e 21.00 h - 23.00 h e os venres de 08.30 h a 22.30 h).
- Obter a equipación do equipo de orientación.
- Recoñecemento de horas ECTS pola representación da UVigo en competicións oficiais (ata un máximo de 60 horas anuais).
3. Inscrición no equipo
A pre-inscrición ten que realizarse a través desta web. A Área de Benestar, Saúde e Deporte revisará a solicitude e, no caso de ser aceptada, procederá á confirmación da súa inscrición.