1. Persoas destinatarias
Persoas con abono mUVer ou cunha entrada multideporte.
2. Inscrición e reserva
É necesaria a reserva anticipada en cada unha das sesións.
3. Descrición
Circuíto de exercicios deseñados en función das características específicas das persoas usuarias. Está dirixido a mellorar a condición física para as actividades da vida diaria e por tanto a capacidade funcional, así como a reducir o risco de lesións.
1. Descrición: circuíto de exercicios deseñados en función das características específicas das persoas usuarias. Está dirixido a mellorar a condición física para as actividades da vida diaria e por tanto a capacidade funcional, así como a reducir o risco de lesións.
2. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
3. Reserva de prazas: debe realizarse unha reserva previa da praza para cada sesión. Pódese reservar por internet cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase.
1. Que é o adestramento personalizado en pequenos grupos?
As adestradoras e os adestradores persoais son profesionais da actividade física e do deporte que prescriben o exercicio dun xeito individualizado, tendo en conta os obxectivos que persiguen as persoas usuarias. Este adestramento personalizado pode realizarse en pequenos grupos que compartan obxectivos e característcas para así reforzar a motivación e a adherencia cara o exercicio das persoas usuarias.
2. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de persoas inscritas nalgún dos grupos, abrirase a inscrición ás persoas non universitarias ata completar o aforo.
3. Duración do programa
Dende o 16 de setembro ata o 27 de xuño, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor (cun máximo 5 persoas en cada franxa horaria) e unha terceira sesión a maiores os venres (CLASE DE GRUPO TIPO CORE, GAP...)
4. Obxectivos principais
Crear hábitos saudables, mellorar a condición física xeral e adquirir coñecementos básicos para unha actividade física segura e saudable.
5. Procedemento de inscrición
1 º Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-insrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
2 º O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3 º Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
6. Sesión de proba
Podes poñerte en contacto co persoal técnico da sala cardio-fitness para concertar unha sesión de proba.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton apto para todos os niveis.
2.- Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas con Abono Muver.
3.- Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para confirmar a asistencia ao inicio da cada clase
1. Entidade organizadora: Club Escola Rosalía
2. Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton.
3. Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas da comunidade universitaria e familia UVigo (idade mínima 6 anos). Non é necesario dispoñer de raqueta.
4. Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Iniciar sesión / Nova entrada) e pasar pola conserxería do pavillón para confirmar a asistencia ao inicio de cada clase.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de baloncesto apto para todos os niveis.
3.- Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para coofirmar a asistencia ao inicio da cada clase
Persoas cun abono mUVer ou cunha entrada multideporte.
Body Combat é uhna clase de fitness grupal basada en movementos de artes marciais coma o boxeo, karate e taekwondo, que se realiza ao ritmo da música e mediante coreografías. A actividade cardiovascular non ten contacto físico, permite queimar calorías, mellorar a resistencia e axilidade e non require experiencia previa nin equipamento especial.
O body pump é un programa de adestramento físico que combina as actividades propias do aeróbic con traballo muscular mediante a realización de exercicios de levantamento de pesas.
1.- Entidade que presta o servizo: Marexada.
2.- Lugar de celebración: Illa de San Simón.
3.- Punto de encontro: A actividade non inclúe o transporte. As persoas participantes presentaranse ás 11.15 h na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.
4.- Horarios: a actividade comeza ás 11.30 h e ten unha duración aproximada de 2 h.
5.- Información complementaria:
- Hai que levar chanclas, bañador e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, etc.) corre a cargo da organización.
- A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola enseada de San Simón, na que se realizarán diferentes paradas de interese como a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus. Visitaremos as dependencias da illa a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, no que realizaremos un percorrido histórico por este ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande. Finalmente faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto, onde coñeceremos a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.
- Obrigatorio saber nadar.
- A partir dos 14 anos. As persoas que teñan entre 14 e 17 anos ralizarán a actividade acompañadas do seu pai/nai ou titor/a legal.
- É preciso contar cunha condición física que permita meterse na auga, padexar, cargar coa embarcación e camiñar unha distancia aproximada duns 4 km.
1. Descrición da actividade
Clase orientada ao fortalecemento da zona abdominal e lumbar, que actúa de faixa protectora dos órganos internos. Ademais, trabállase a estabilización pelviana e da columna cun control específico da respiración durante a execución dos exercicios propostos.
2. Persoas destinatarias
Persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
3. Reserva previa: é necesario reservar praza para cada unha das clases.
1. Descrición: o cross training consiste nunha sesión de adestramento de alta intensidade na que se combina exercicios de forza e de resistencia cardiovascular.
3. Reserva de prazas: debe realizar nesta aplicación unha reserva de praza para cada sesión. Pode facelo cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase. No caso de que finalmente non poida asistir, lembra anular a súa reserva de sesión.
1.- Entidade que presta o servizo: Arrepións.
2.- Lugar de celebración: río Miño (Arbo).
3.- Transporte: a inscrición na actividade incluirá o transporte ata o punto de encontro, sempre e cando se complete un microbús entre as persoas participantes de Pontevedra e Vigo. Este microbús sairá aproximadamente ás 9.00 dende Nakasa Interiorismo na Praza de Galicia de Pontevedra e ás 9.30 da rúa Areal, 52 de Vigo. A volta será sobre as 14.30 h. Para posibles saídas dende o Campus de Ourense, consultar coa Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus.
4.- ¿Como chegar ao punto de encontro?: https://g.page/Arrepions?share
- As persoas participantes deberán levar bañador, toalla, tenis para mollar e útiles de ducha. O resto do equipamento (casco e chaleco homologado, traxe e escarpíns de neopreno de 5 mm.) corre a cargo da empresa.
- É obrigatorio saber nadar.
- Unha vez efectuado o reparto do material o grupo subirá 9 km no autobús da empresa ata o embarque. Alí daránselles as explicacións necesarias sobre a colocación do material, remar e, sobre todo, de seguridade. Despois comezará o descenso do río que durará sobre 1.30 h. Unha vez terminado o percorrido, chegarase ás instalacións da empresa para tomar unha ducha quente e dar por finalizada a actividade.
- Idade mínima a partir dos 16 anos.
Adestramento para adquirir un conxunto de coñecementos e prácticas, tomando consciencia corporal, traballando a corrección postural, mellorando tensións e previndo lesións con exercicios deseñados para fortalecer e alinear o corpo; tamén ideal para reducir o estrés e sentirse un pouco mellor cada día.
1. Entidade organizadora
A actividade está organizada polo Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e desenvolverase no muro de escalada situado no pavillón de deportes do campus de Vigo.
Persoas socias do club Peña Trevinca ou persoas da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS), cónxuxes e descendentes directas destas maiores de 6 anos.
3. Procedemento de inscrición
Realizar a inscrición entre o 5 e o 12 de setembro cubrindo o seguinte formulario na web do Club Peña Trevinca. Unha vez feito, as persoas da comunidade Uvigo, cónxuxes e fillos/as destes deberán inscribirse na actividade do campusactivo para activar o seguro deportivo da Universidade e que así non lles sexa necesario federarse.
4. Prezos
A actividade terá o mesmo custe para a comunidade universitaria e os seus descendentes que para as persoas socias do Club Peña Trevinca (27 €/mes grupo infantil-xuvenil e 35 €/mes resto de grupos).
Persoas cun abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de praza
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos días nos que se imparta esta actividade. Para reservar debes ir a miña conta / histórico / entradas / nova sesión.
1.- Persoas destinatarias: Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de prazas: Deberase reservar previamente a praza para cada sesión. Esta reserva poderase facer por internet cunha antelación máxima de 3 dias e ata o momento de comezar a clase.
3. Especificidades: a escalada en bloque (ou boulder) consiste na ascensión de pequenas alturas, indoor ou en rocha, contando con colchonetas de protección. Trátase dunha variante da escalada máis física e atlética.
4. Material necesario: roupa deportiva cómoda e pés de gato. Os primeiros dias podes probar con zapatillas deportivas normais e xa despois, se decides continuar vindo regularmente, adquirir os teus propios pés de gato e tamén un bote de resina líquida.
1. Descrición: o jiu jitsu é un arte marcial e sistema de defensa persoal que se centra principalmente na loita corpo a corpo no chan e na utilización de luxacións, estrangulamentos, inmovilizacións e derribos.
4. Material necesario: gi (uniforme específico de jiu jitsu) ou ben roupa deportiva que permita unha boa manipulación nas maniobras e que evite as queimaduras pola rozadura da pel directamente no tatami. Neste caso estaráimos falando de licra ou suadoiro moi fino na parte de arriba e unhas mallas ou pantalón de chandal que non abulten demasiado na parte de abaixo.
Responsable da actividade: Óscar Ferreras. Director Deportivo do Vigo Rugby Club
Breve descrición da actividade:
Trátase dunha actividade de iniciación ó Rugby Seven para persoas universitarias. Antes do fin da actividade celebrarase un torneo no Campus de Vigo onde participarán equipos dos tres Campus.
Obxectivos:
Promocionar o Rugby na comunidade universitaria. Captar xogadoras e xogadores universitarios para os equipo de Rugby das cidades de cada Campus. Esta actividade é unha porta de entrada a un proxecto máis ambicioso de ligas intercentros de Rugby Seven, unha modalidade do rugby que ademáis é deporte olímpico.
Metodoloxía:
Os temas a tratar nesta actividade son conceptos básicos do Rugby:
- Fortaleza: as asanas tonifican cada parte do corpo.
- Resistencia: a práctica regular incrementa a capacidade de traballo.
- Flexibilidade: un corpo novo mantense e restablécese a través dun correcto estiramento.
- Postura: mentres se equilibran o ton e a flexibilidade, establécese unha postura ergueita e sen esforzo.
- Enerxía: a mellora do funcionamento glandular e a relaxación profunda déixante fresco e acougado.
- Saúde: un estado de benestar consistente experiméntase cando a mente e o corpo están equilibrados. Mellora da circulación sanguínea.
Prácticaremos un estilo de ioga suave (Hatha) e Yin Ioga, onde equilibraremos enerxías (Yin e Yang) e darémoselle ao corpo a calma necesaria para elongar e estirar texidos conectivos (fascia, tendóns...) gañando flexibilidade e rango de movemento.
2. Persoas destinatarias: Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
3. Inscrición e reserva: Non é imprescindible a reserva previa en cada unha das clases. As prazas de cada sesión que non se reserven previamente por internet outorgaranse por orde de chegada.
1. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva previa: é necesario realizar unha reserva de praza para cada unha das clases.
3. Recoñecemento créditos ECTS:
- As horas efectivamente realizadas recoñeceranse como horas ECTS ata un máximo de 60 horas por curso académico.
- Unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar o certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.
1.- Entidade que presta o servizo: Buceo Illas Cíes
2.- Persoas destinatarias: Comunidade universitaria Uvigo e persoas externas.
3.- Inscricións: As persoas farán primeiro unha pre-inscrición a través desta web. En canto se chegue ao número minimo de persoas necesario para conformar o grupo, as persoas que fixeran a pre-inscrición recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa reserva e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
4.- Transporte: Por conta das persoas usuarias.
5.- Punto de encontro: As persoas participantes presentaranse ás 16.00 h na Piscina Universitaria do campus Lagoas - Marcosende. Neste punto de encontro realizarase o reparto do material e as explicacións teóricas sobre a actividade e os elementos básicos de seguridade.
6.- Información complementaria:
- Para esta actividade as persoas participantes deberán levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha. O resto do equipo facilitarao a empresa colaboradora.
- Para a realización desta actividade é obrigatorio saber nadar e ser maior de 12 anos.
- Actividade desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con otite, sinusite ou perforación de tímpano, persoas con epilepsia, con episodios repetidos de perda de coñecemento, de neumotórax espontáneo ou quistes pulmonares. No caso de hipertensión e diabetes débese consultar co persoal técnico responsable da actividade.
O obxectivo desta actividade é acadar melloras no seu rango funcional de movemento. Unha mobilidade ampla garante unha maior propiocepción, dominio do corpo e axuda ao traballo de forza no desenvolvemento paralelo da prevención de lesións.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de Pickleball apto para todos os niveis.
Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos dias nos que se imparta esta actividade.
O Campus de Pontevedra conta cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness no interior do pavillón universitario.
Normativa de acceso e uso:
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- A cabida máxima deste espazo é de 15 persoas. No caso de verse superado nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación é de 16 anos.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.