A Universidade de Vigo conta cunha sección federada de baloncesto no Campus de Ourense composta por un equipo masculino e outro feminino.
1. Persoas destinatarias
O equipo está aberto ás persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo (alumnado, PDI e PAS) ou tituladas por esta e cun nivel medio-alto de práctica no baloncesto. Ata un 33 % das persoas integrantes poderán ser alleas á comunidade universitaria.
2. Vantaxes
- Revisión médica inicial de aptitude para o exercicio físico.
- Participación nos adestramentos e nas competicións co equipo.
- Uso gratuíto da pista de atletismo e da sala cardio fitness (esta última só nos seguintes horarios: luns a xoves 08.30 h - 10.30 h, 13.30 h - 18.00 h e 21.00 h - 22.00 h e os venres de 08.30 h a 22.00 h).
- Obtención da equipación oficial da UVigo.
3. Procedemento de inscrición no equipo
Debes facer a pre-inscrición a través desta web. A Área de Benestar, Saúde e Deporte revisará a solicitude e, no caso de ser aceptada, procederá á confirmación da túa inscrición.
1. Quen pode pertencer ao equipo?
- Todas as persoas que perteñezan á comunidade universitaria da Universidade de Vigo
- Os e as cónxuxes e fillos e fillas do PAS e do PDI maiores de 18 anos.
- As persoas ex-traballadoras ou ex-alumnas da Universidade de Vigo.
Debido ao carácter popular e saudable desta iniciativa non é necesaria unha determinada condición física inicial para pertencer ao equipo, só gañas de adestrar e gusto pola carreira a pé.
- Representar á Universidade de Vigo en competicións deportivas populares.
- Participar nos adestramentos do equipo dirixidos por un adestrador de atletismo cualificado.
- Uso gratuíto da sala cardiofitness do Campus Lagoas- Marcosende nos horarios habilitados para os equipos federados da Universidade de Vigo:
- Obtención da equipación do equipo de carreiras populares (no caso de cumprir os criterios mínimos de asistencia e participación).
- Seguimento médico-deportivo.
3. Organización dos adestramentos
Desenvolveranse dúas sesións semanais de setembro a xuño coa presenza do adestrador do equipo de atletismo no parque de Castrelos (os martes de 19.30 h a 21.30 h e os xoves de 19.00 h a 21.00 h). Ademais destas sesións presenciais, o adestrador programará tamén un traballo adicional en sesións non presenciais para aquelas persoas que así o demanden.
4. Máis información
Visita a web do equipo ou contacta co responsable (Pedro Comesaña) na dirección de correo electrónico atletismo@uvigo.gal ou a través da páxina de facebook do equipo.
A Universidade de Vigo conta cunha sección federada de orientación que participa nas modalidades de orientación a pé, orientación en BTT e raid.
Persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo (alumnado, PDI e PAS) e do seu ámbito próximo de influencia.
- Participar nas competicións federadas en representación da Universidade de Vigo
- Uso gratuíto da pista de atletismo e da sala cardio fitness (luns a xoves 08.30 h - 10.30 h, 13.30 h - 18.00 h e 21.00 h - 23.00 h e os venres de 08.30 h a 22.30 h).
- Obter a equipación do equipo de orientación.
- Recoñecemento de horas ECTS pola representación da UVigo en competicións oficiais (ata un máximo de 60 horas anuais).
3. Inscrición no equipo
A pre-inscrición ten que realizarse a través desta web. A Área de Benestar, Saúde e Deporte revisará a solicitude e, no caso de ser aceptada, procederá á confirmación da súa inscrición.
A Universidade de Vigo conta cunha sección federada de tenis no Campus de Vigo cun equipo feminino, dous masculinos e un de veteráns +35.
O equipo está aberto ás persoas pertencentes á comunidade universitaria da UVigo (alumnado, PDI e PAS) ou tituladas por esta e cun nivel medio-alto de práctica no tenis. Ata un 33 % das persoas integrantes poderán ser alleas á comunidade universitaria.
- Participar nos adestramentos (luns a xoves de 19.30 h a 21.30 h e os venres de 19.00 h a 21.00 h) e nas competicions do equipo.
- Uso gratuíto da pista de atletismo e da sala cardio-fitness (esta última só nos seguintes horarios: luns a xoves entre 08.30 h - 10:30 h, 13.30 h - 18.00 h e 21.00 h - 22.30 h e os venres de 08.30 h a 22.30 h).
- Obtención a equipación do equipo UVigo de tenis.
Contacta en primeiro lugar coa persoa responsable desta seccion (teniscampusvigo@uvigo.gal) para que faga unha valoración do teu nivel deportivo. A continuación fai unha pre-inscrición a través desta web. A Área de Benestar, Saúde e Deporte revisará a solicitude e, no caso de ser aceptada, procederá á confirmación da túa inscrición.