1. Entidade organizadora
Club Tenis de Mesa Vigo.
2. Persoas destinatarias
Actividade de balde para as persoas da comunidade universitaria da UVigo ou para persoas externas con abono mUVer ou entrada multideporte. No caso de quedar prazas libres poderán ser ocupadas por persoas con licenza federada polo Club Tenis de Mesa Vigo.
3. Descrición
Os luns e os mércores desenvolveranse encontros de partidas rápidas (nivel intermedio e avanzado) mentres que os martes e xoves a actividade será de carácter máis formativ para niveis de iniciación e intermedio-baixo.
4. Inscrición e reserva
Debe realizarse unha reserva de praza previa para cada sesión (Iniciar sesión / Nova entrada). Esta reserva pode facerse por internet cunha antelación máxima de 2 días e ata o momento do comezo da clase.
- Encontros de partidas rápidas (niveis intermedio e avanzado): luns e mércores de 19.00 a 22.00 h
- Escola deportiva (niveis iniciación e intermedio-baixo): martes e xoves de 18.00 a 20.00 h