1. Descrición da actividade
Actividade de intensidade media-alta, onde se utiliza unha plataforma step como medio de tonificación xeral. O abano de exercicios realizados é moi diverso, mestura o traballo aeróbico co de tonificación, tanto do tren inferior coma do core abdominal. Todo isto con soporte musical para facer a actividade máis divertida e motivadora.
2. Persoas destinatarias
Persoas con abono Muver ou cunha entrada multideporte.
3. Inscrición e reserva
Non é imprescindible a reserva previa en cada unha das clases. As prazas de cada sesión que non se reserven previamente por internet outorgaranse por orde de chegada.