Terá lugar na Aula de Psicomotricidade. Pavillón 1
"Concepción Ramón Amat"
O prazo de inscrición para o campus de Ourense será do 21 de maio ás 9:00h ao 05 de xuño ás 14:00h.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1º Nos datos persoais da persoa usuaria, haberá que comprobar se están dados de alta os fillos ou fillas como “usuarios/as tutelados/as” e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”.
2º Se non están dados de alta, haberá que solicitalo pinchando en “Usuarios/as tutelados/as”/ “+Novo”, onde haberá que cubrir os datos e subir o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas. Unha vez sexa validada a solicitude, recibirá un e-mail.
Este primeiro paso pódese levar a cabo antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp.
3º Unha vez aberto o prazo de inscrición para o campus correspondente, haberá que entrar en campus camp e unha vez autenticada a persoa usuaria, seleccionar como usuario ao fillo/a para a continuación elixir o periodo no que se inscribirá.
4ª Haberá que cubrir un cuestionario, no que se achegará a tarxeta sanitaria do fillo/filla en pdf.
5º Unha vez confirmada a inscrición, se se quere inscribir un 2º ou sucesivos fillos/as, habería que premer no botón “Continuar mercando” e a continuación no botón “Inscribirse”.
6º Unha vez inscritos tódolos fillos/as, premer no boto “tramitar pedido”.
Descontos en función do número de fillos/as:
Os descontos aplicaranse sempre os/as nenos/as sexan matriculados no mesmo periodo, agás no caso de días soltos, nos que non haberá dereito a desconto:
- 10% no 2º fillo/a.
- 15% no 3º fillo/a
- 20% no 4º fillo/a
- 25% no 5º fillo/a
O desconto farase efectivo unha vez se pulse o botón “tramitar pedido” e se elixa o método de pagamento. Será neste momento cando aparecerá o desglose da contía a pagar cos descontos correspondentes.