1.- Descrición: a través destes cursos o alumnado entrará en contacto coas bases das labores de arbitraxe.
2.- Persoas destinatarias: alumnado da Universidade de Vigo e, no caso de quedar prazas libres, alumnado das outras universidades galegas.
3.- Planificación do curso:
4.- Custe: 100 € (inclúe a licenza deportiva, o seguro obrigatorio e o uniforme para poder realizar as prácticas remuneradas). Este pagamento realizaráselle directamente á Federación Galega de Baloncesto.
5.- Recoñecemento horas ECTS: unha vez que remate a actividade, e baixo a solicitude previa do alumno ou alumna, a Área de Benestar, Saúde e Deporte expedirá un certificado de asistencia. A persoa interesada deberá presentar este certificado na secretaría do seu centro de estudos para obter a validación dos créditos no seu expediente académico.