Aula Teresa Portela e Laboratorio 2 da Facultade de Fisioterapia
Grupo de Investigación HealthyFit na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Presentación de ferramentas tecnolóxicas para avaliación da capacidade funcional e para súa aplicación na facilitación da mobilidade no proceso do envellecemento. Este obradoiro estaría dirixido a aqueles alumnos da carreira de Fisioterapia e Ciencias da Actividade Física e Deportiva que queiran afondar os seus coñecementos nese campo. O obxectivo dese taller de 30 horas é presentar non soamente as principais ferramentas convencionais usadas para a medición clínica e funcional, pero tamén as súas variantes tecnolóxicas e con máis aplicación directa na investigación.
Os obxectivos da nosa proposta de obradoiro van en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 e son eles:
- ODS 3 - Saúde e benestar: por preparar profesionais actualizados e aptos para que poidan actuar na creación de unha poboación con unha vida saudable e sexan capaces de promover o benestar para todos en todas as idades.
- ODS 4 - Educación de caUdade: con respecto ao reto de implantar programas de formación profesional en tecnoloxía da información e comunicación, programas técnicos, de enxeñería e científicos en países desenvolvidos e noutros países en desenvolvemento
- ODS 5 - Igualdade de xénero: enfocado a aumentar o uso das tecnoloxías fundamentais, en particular das tecnoloxías da información e da comunicación, para promover o empoderamento das mulleres. E tamén, adoptar e reforzar políticas sólidas e lexislación aplicable para a promoción da igualdade de xénero e o empoderamento de todas as mulleres e nenas a todos os niveis.
- ODS 9 - Industria, innovación e infraestrutura: especialmente con respecto a reforzar a investigación científica, mellorar as capacidades tecnolóxicas dos sectores industriais en todos os países, especialmente os países en desenvolvemento, incluíndo, para 2030, o fomento da innovación e o aumento substancial do número de traba liad ores de investigación e desenvolvemento por millón de persoas e o gasto público e privado en investigación e desenvolvemento. Duración: 30 horas
Tema 1- lntrodución - principais métodos de avaliación funcional no envellecemento e a importancia das tecnoloxías para auxiliar os profesionais da rehabilitación na manutención da mobilidade no envellecemento.
Tema 2 - Estabilometrfa - avaliación do equilibrio dinámico, con énfases na medición numérica e a interpretación deses datos para a mobilidade.
Tema 3 - Avaliar a mobilldade obxectivamente - avaliación da marcha e do equilibrio dinámico, precisa e cuantitativa con ferramentas innovadoras.
Tema 4 - Usos da Plataforma de equilibrio - avaliación do equilibrio estático e baropodometría, considerando a influenza desas variábeis na mobilidade e os seus efectos no envellecemento.
Tema 5 - Rehabilitar con un Cicloergómetro lntelixente - avaliación da capacidade funcional de membros inferiores e superiores, con uso de dispositivo innovador multifuncional, avaliar e rehabilitar pode ser divertido.
Tema 6 - Avaliación de forza muscular - uso de diferentes equipos de medición, as aplicacións practicas e a importancia desa variábel coa mobilidade, formas impensábeis de atuar nos efectos adversos do envellecemento.
Tema 7 - Discusión da evidencia - estudo da bibliográfica do uso práctico das ferramentas tecnolóxicas e innovadoras de avaliación funcional. Principais investigacións con uso de tecnoloxías para rehabilitación no envellecemento .