1.- Entidade organizadora: Universidade da Coruña.
2.- Lugar: Ferrol.
3.- Participantes:
- Poderá participar calquera persoa pertencente á comunidade universitaria dalgunha das tres universidades galegas. A inscrición realizarase na Universidade de orixe de cada nadador/a.
- Non poderán participar máis de 4 nadadores/as dunha universidade por proba. No caso de haber mais solicitudes que prazas, priorizarase en función da marca que cada persoa acredite na dita proba.
- Cada universidade poderá inscribir dous equipos por cada proba de remudas.
- Cada nadador/a poderá participar como máximo en dúas probas individuais.
- Non se poderá mudar a inscrición durante o transcurso da competición.
- Cada proba deberá ter como mínimo tres persoas inscritas. De non ser así, poderase eliminar do programa.
4.- Probas:
- 4*50 Libres masculinos - 4*50 libres femininos - 50 bolboreta masculino - 50 bolboreta feminino - 50 costas masculino - 50 costas feminino - 50 braza masculinos - 50 braza feminino - 50 libres masculino - 50 libres feminino - 200 libres masculinos - 200 libres femininos - 100 bolboreta masculino - 100 bolboreta feminino - 100 costas masculino - 100 costas feminino - 100 braza masculino - 100 braza feminino - 100 libres masculino - 100 libres feminino - 100 estilos masculinos - 100 estilos feminino - 4*50 estilos masculino - 4*50 estilos femininos.
5.- Regulamento: Consultar o Regulamento do Campionato que se achegará ao pé desta páxina.
6.- Recoñecemento de créditos ECTS A participación nun Campionato Galego Universitaro recoñecerase a cada alumno/a con 7,5 h ECTS.