Estes bonos teñen unha caducidade dun ano natural e permiten realizar entradas multideporte.
Cada entrada da un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao muro de escalada (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades dirixidas ás que teñen acceso as persoas con abono muver. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.