1.- Descrición xeral: a Área de Benestar, Saúde e Deporte, promove o programa ExploraCampus. A actividade consiste na realización de rutas en bici polo interior e exterior do Campus Lagoas-Marcosende, na zona de Bembrive-Beade.
2.- Persoas destinatarias: o evento vai dirixido a toda a comunidade universitaria da Universidade de Vigo (alumnado, PAS e PDI) e tamén ao alumnado internacional.
3.- Punto de encontro: Pavillón de Deportes.
4.- A actividade non se realizará se non se acada un mínimo de 4 participantes.
5.- Quen non teña bicicleta pode alugar unha a través deste enlace https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/ampliarUsoLibre.xhtml?idobjsel=2823
6.- Enlace ruta Wikiloc https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/ruta-en-bicicleta-por-el-campus-universitario-e-monte-de-beade-70397053