Este obradoiro pretende dar a coñecer diferentes especies de árbores e arbustos autóctonas e ornamentais, coas súas características básicas para identificación, as súas propiedades de interese, a súa importancia histórica e os seus potenciais usos, de cara á posta en valor desde recurso da contorna. Así o público xeral poderá achegarse a el dende un punto de vista didáctico, mediante a combinación de contidos teóricos con saídas de campo, con exercicios e con titorías.
Inscricións a través da web, na ligazón: campusactivo.uvigo.gal
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanza de grao por cada 30 horas do estudante.
Mixta
* Este obradoiro pasará á modalidade de videoconferencia se a situación o require.
- Introdución á botánica e a identificación de especies arbóreas.
- Especies arbóreas con usos alimentarios.
- Especies arbóreas con usos medicinais.
- Especies arbóreas con usos forestais.
- Especies arbóreas con usos ornamentais.
- Os perigos das especies invasoras.