Os principais obxectivos son:
- Saber apañar e transportar cogomelos para a súa identificación. - Recoñecer e identificar especies de cogomelos. - Coñecer especies tóxicas, intoxicacións e tratamentos. - Coñecer especies comestibles, propiedades nutracéuticas e tratamento na cociña. - Analizar outras posibles aplicacións antrópicas derivadas do uso dos cogomelos.
O obradoiro é de 30 horas (27 presenciais e 3 de dedicación persoal do alumnado).
As 27 horas presenciais serán combinadas entre días presenciais fisicamente e días de modalidade virtual síncrona, para o que o alumnado deberá dispor dalgún dispositivo (smartphone, tablet, portátil, ordenador de sobremesa) dende o que poder conectarse e datos móbiles ou conexión a internet.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Docentes: María Cabaleiro Alfaya, María Luisa Castro Cerceda, Andrés Cordeiro Baqueiro, Paula Estévez Caride, Hugo Fernández Ricón, Gabriel Pérez Torrón.