Os e as atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo terán unha exención do 100 % no prezo da entrada ás pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo en virtude do convenio asinado entre as partes. En calquera caso, as persoas interesadas en gozar destas vantaxes deberán solicitalo a través desta web e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.